Libro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
JaviP96 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Un '''libro''' é unha obra manuscrita, impresa ou virtual, que consta dunha serie de follas que conteñen texto ou imaxes composto por, polo menos, 48 páxinas (sen contar as capas - segundo a [[Unesco]]). Un libro pode ser, por exemplo, unha novela, un ensaio ou un libro fotográfico.
 
A palabra ''libro'' procede do latín ''liber'', que significa ''cortiza''.<ref>{{cite web|url=http://dictionary.reference.com/browse/book |title=Book |publisher=Dictionary.com |date= |accessdate=6 de novembro de 2011}}</ref>
 
== Historia ==
Liña 18:
Na Alta Idade Media os códices son un produto da economía autosuficiente dos mosteiros. Estes exemplares eran copiados a man polos escribáns dos [[mosteiro]]s no chamado ''scriptorium''. Nesta época, só nas [[universidade]]s, nos mosteiros, [[Igrexa (arquitectura) |igrexas]] e casas dalgúns nobres podían atoparse libros.
 
A medida que avanza a Idade Media, xunto ó libro cuxo valor se centra no texto, medra os que son apreciados pola súa presentación (calidade da materia escritoria, caligrafía coidada e ilustracións). O luxo característico dos códices de finais da Idade Media céntrase principalmente nos ''Libros de Horas'' feitos para os reis e os membros da alta nobreza, e dos que pode servir de exemplo o ''Libro de Horas de Fernando I'' (1055) conservado na Biblioteca Xeral da [[Universidade de Santiago]].<ref>Bernhard Bischoff. ''Latin Palaeography'', pp. 42–43.</ref>
 
 
Coa aparición das universidades créase un novo mercado para os libros e convértese así nun instrumento de difusión das novas ideas.
Liña 62 ⟶ 63:
Normalmente, un libro é impreso en grandes follas de papel, onde se aloxan 8 páxinas a cada lado. Cada unha destas grandes follas é dobrada ata ser convertida en 16 páxinas. Estas páxinas son ordenadas e cosidas polo lombo. A este lombo pégaselle unha malla de tea para asegurar as partes. Finalmente as páxinas son cortadas por tres lados cunha guillotina e o lombo pegado a unha tapa de cartón. Toda esta tarefa realízase en serie.
 
As imprentas máis modernas poden imprimir 16, 32 e ata 64 páxinas por cara de grandes follas. Moitas veces o texto da obra non alcanza a cubrir as últimas páxinas, o que provoca que algúns libros teñan páxinas baleiras ao final do mesmo, aínda que moitas veces son cubertas con propaganda da editorial sobre textos do mesmo autor ou outros do seu persoal. Segundo un estudo realizado en 2010, nese ano publicáronse 130.000.000 libros.<ref>{{cite web |url=http://booksearch.blogspot.com/2010/08/books-of-world-stand-up-and-be-counted.html |date=August 5, 2010 |title=Books of the world, stand up and be counted! All 129,864,880 of you.|accessdate= |quote=After we exclude serials, we can finally count all the books in the world. There are 129,864,880 of them. At least until Sunday. |publisher=Inside Google Books}}</ref>
 
 
== Datos ==