Diferenzas entre revisións de «Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra»

máis
(máis)
(máis)
 
Entre estes obxectos de mérito incluían debuxos, gravados, esculturas, escudos, epigrafía, moedas, elementos arquitectónicos, etc., así como música e poesía popular. Organizou unha exposición en [[1896]] e acumulou unha completísima colección de libros e obxectos de arte de todo tipo. Loitou pola recuperación e restauración de diversos monumentos, destacando as [[ruínas de San Domingos]], que salvou do derrubamento definitivo que aprobara a corporación municipal en [[1874]] e [[1880]].
 
Precedente inmediato da constitución da ''Sociedade Arqueolóxica'' foi a xuntanza que se celebrou nas propias ruínas de San Domingos o [[16 de setembro]] de [[1889]] <ref>No libro editado polo Museo de Pontevedra, ''Os debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra'', Filgueira Valverde dá a data do 16 de setembro de 1886 (px. 10). Pero máis adiante, as autoras do capítulo dedicado á Sociedade, dan a data de 1889 (px. 31).</ref>, baixo a convocatoria do poeta Roxelio Lois Estévez, daquela director de ''[[O Galiciano]]'', Manuel de la Fuente e o médico Xosé Casal, estes dous delegados da Comisión Provincial de Monumentos. Esta xuntanza converteuse nunha especie de ocupación das ruínas como sede da Sociedade.
 
==Compoñentes destacados==
A constitución da ''Arqueolóxica'' foi obra de [[Casto Sampedro]], folclorista e investigador pontevedrés, que soubo agrupar e orientar a artistas e investigadores de sona, preocupados pola conservación da historia de Pontevedra. ColaboradoresPresidida importantespolo nestapropio asociaciónSampedro, foroncontou con colaboradores importantes como [[Carmelo Castiñeira]] (membro dedo movemento [[rexionalismo galego|rexionalista]] ''La Patria Gallega'') e [[Xosé Casal]] (morto en 1912) (médico, etnógrafo e bibliófilo, que colectou un amplo cancioneiro).
 
Outro dos membros fundadores foi o médico Luís Sobrino Rivas (morto en 1907), pai de [[Carlos Sobrino Buhigas|Carlos Sobrino]]. Foi el quen propiciou a colaboración coa ''Arqueolóxica'' do propio Carlos Sobrino e mais dos irmáns [[Enrique Campo|Enrique]] e [[Fernando Campo Sobrino|Fernando Campo]].
 
Tamén debe citarse a [[Enrique López de la Ballina]] e [[Heliodoro Fernández Gastañaduy]], poeta e autor teatral, así como a [[José Millán]], [[Juan Novás GuillénGuillán]] e [[Víctor Said Armesto]] (morto en 1914) (que destacou na recollida de textos literarios e musicais).
 
Unha importante sección da ''Sociedade'' foi a constituída polos debuxantes que plasmaron graficamente boa parte dos edificios notables de Pontevedra e os seus elementos característicos. Entre eles deben citarse a [[Federico Alcoverro López|Federico Alcoverro]], [[Celso García de la Riega]] (que tamén fixo unha recollida de relatos tradicionais), [[Alfredo Souto Cuero]] e, quizais o máis destacado, [[Enrique Campo Sobrino]], socio desde 1906, cando só contaba con 16 anos. Igualmente, dentro deste grupo cómpre citar os fotógrafos [[Francisco Zagala]], Sáez-Mon e Novás.
 
A ''Sociedade Arqueolóxica'' mantivo unha nutrida rede de correspondentes noutras localidades galegas, especialmente na provincia de Pontevedra pero tamén en [[Santiago de Compostela|Santiago]], entre os que se encontraba o mesmo [[Antonio López Ferreiro]].
 
A partir de [[1921]], cando xa a ''Sociedade'' entrara en franco declive, Filgueira e [[Castelao]], representando ó [[Centro de Estudios Históricos]] e o club ''Karepas'' (de [[Sánchez Cantón]], [[Losada Diéguez]], [[Antón Iglesias Vilarelle|Iglesias Vilarelle]], [[Xoán Manuel Pintos Villar|Pintos Villar]], etc.) ofrécense a Sampedro para revitalizar a ''Sociedade''. Aínda con reticencias, Sampedro aceptou esta colaboración, que tivo como froito a participación de Castelao como debuxante da ''Sociedade'', a compilación do ''Corpus Petrogliphorum'' de Ramón Sobrino e, sobre todo, a constitución do [[Museo de Pontevedra]] en [[1927]].
 
==Obras da ''Sociedade Arqueolóxica''==
A ''Sociedade'' publicou distintos traballos, entre os que destacaron os dedicados á música popular e ó léxico. A seguir, unha relación non exhaustiva de publicacións:
* ''Colección de música popular gallega''. Parte dunha base recollida por Casto Sampedro, anterior a 1895, completada por achegas de Said Armesto, Arana e Luis María Fernández Espinosa.
* ''Cancionero musical de Galicia'', premio da Real Academia de Belas Artes en 1909, e publicado polo [[Museo de Pontevedra]] en 1942 [http://www.arcoirismusic.com/catalogo.asp?sec=30&id=398].
* ''La leyenda de Don Juan'', de Said Armesto.
* ''Vocabulario da xerga dos canteiros'', comezado por Xosé Casal e López de la Ballina.
* ''Documentos, inscripciones, monumentos, extractos de manuscritos, tradiciones, noticias, etc. para la historia de Pontevedra'', publicado en tres volumes, dos o terceiro é un denso estudo de Casto Sampedro sobre o gremio de mareantes de Pontevedra.
 
==Desaparición==
A morte dos membros fundadores e doutros colaboradores da ''Sociedade'' foi reducindo a súa actividade ata o punto de quedar case só o presidente Sampedro. [[Filgueira Valverde|Filgueira]] exprésao así: "''a entidade chegou a converterse nunha sorte de pseudónimo seu''", e conta como Sampedro libraba de libros as cadeiras do seu despacho para celebrar xuntanzas da ''Sociedade'' ás que non asistía ninguén. Os fondos que reunira ó longo dos anos foron cedidos ó [[Museo de Pontevedra]] en [[1927]] e disolveuse formalmente en [[1938]].
==Notas==
{{listaref|1}}
===Bibliografía===
* Catálogo da exposición ''Os debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra'', Museo de Pontevedra 1995.
* [[Filgueira Valverde]]: "Sociedad Arqueológica de Pontevedra", en ''Gran Enciclopedia Galega''.
 
[[Categoría:Cultura de Galicia]]
59.985

edicións