Viño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 129 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q282
Breogan2008 (conversa | contribucións)
artigo que toda Wikipedia debe ter
Liña 1:
{{1000|+10}}
[[Ficheiro:White Wine Glas.jpg|miniatura|200px|dereita|Viño branco.]]
[[Ficheiro:Uva catalana GDFL.JPG|miniatura|200px|dereita|Uva catalá.]]
O '''viño''' é unha bebida alcólicaalcohólica que se obtén da fermentación do zume de [[uva]] ou ''mosto'' que se obtén ó estrulla-la uva trala [[vendima]] e que é gardado en barrilesbarrís. É habitual que o viño se denomine segundo a [[uva]] co que foi elaborado. Atendendo á súa cor, pode ser viño branco, tinto ou rosado. Os viños brancos acostuman usarse para acompañar os entrantes e o peixe; o tinto para acompañar a carne. Un bo viño é unha bebida selecta e o seu prezo pode ser astronómico. Adoita definirse a súa calidade en función do ano e do tipo de viño. Ademais de produto económico, o viño é un elemento social de primeira orde, coma o demostran as celebracións de [[festa gastronómica|festas gastronómicas]] ou [[vendima]]s.
 
== A industria en Galicia ==
{{AP|Viño de Galicia}}
A industria do viño en [[Galicia]] representa o 4,22% da produción agroalimentaria e un 6,2% da española, cunha facturación de 93 millóns de euros. Hai 327 industrias transformadoras empregando a 1.500 persoas, centrándose nas provincias meridionais (71,5%), o 86% dos cales son de pequeno tamaño (menos de cinco persoas). Aínda que só suponsupón o 10% do emprego agroindustrial, a proporción de establecementos do sector agroalimentario por provincias é de:
 
* 16,5% na [[Provincia da Coruña|Coruña]]
Liña 16 ⟶ 17:
 
== Denominación de orixe ==
Antes de falar das características do sector, cómpre definir o concepto de [[Denominación de Orixe]], que designa o nome xeográfico da zona empregado para designar un produto da vide, do viño ou dos seus alcois que teñan cualidades ou características diferentes, debido ó medio natural ou á elaboración. Enténdese que o produto merece esta asignación xeográfica cando acada con carácter permanente unha difusión e coñecemento dabondo no mercado, ou cando menos un prestixio notable, ou teña mercados no exterior. As denominacións están rexidas polo Consello Regulador, composto polo Ministerio de Agricultura, produtores, adegueiros e traballadores: xunto co Instituto Nacional de Denominacións de Orixe e a [[Xunta de Galicia]], son os que propoñen as características que logo se certificará en toda a produción (límites xeográficos, graduación alcólicaalcohólica, variedades vitivinícolas, etc.).
 
As adegas asociadas á Denominación de Orixe distribúense así:
Liña 36 ⟶ 37:
=== Ribeira Sacra ===
{{Artigo principal|Denominación de Orixe Ribeira Sacra}}
Moi noviña, esta denominación do Sur [[lugo|lugués]] abrangue tamén o Norte [[ourenseOurense|ourensán]]. A súa xeografía é moi particular: encanonada no [[Río Miño|Miño]] e no [[Río Sil|Sil]], con pendentes de 40-100%, alturas de 300-800 m e os [[socalco]]s, bocarribeiras e pataos aterrazados ás veces con anchos inferiores a un metro.
 
O nome provén da cantidade de [[convento]]s e [[mosteiro]]s da zona. O cultivo vinícola remóntase ós [[Imperio Romano|romanos]] e é un dos máis meritorios e agochados da [[Península Ibérica]]: para poder protexelo do despoboamento, o envellecemento, a disgregación [[parcelaria]] ou a falla de distribución comercial e iniciativas [[cooperativa]]s, creouse o Centro de Investigación e Valoración da Viticultura de Montaña.