Solón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Paradanta (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: Máis, mesmas fontes.
Liña 3:
 
== Traxectoria==
Nado no seo dunha familia aristocrática vida a menos, autores clásicos coma [[Plutarco de Queronea|Plutarco]] colócano coma parente de [[Pisístrato]]. A propia tradición ateniense recollida por este autor sitúano como artífice da reconquista da [[illa de Salamina]] polos atenienses, tras o conflito mantido con [[Megara]] (c. 612 a. C.). Tal éxito tería provocado o recoñecemento e prestixio de Solón entre os seus paisanos, o que lle valeu para ser escollido [[arconte]] con poderes extraordinarios arredor do 594 a. C. Por espazo de catro anos levou a cabo unha serie de reformas lexislativas de grande importancia, procurando o que chamou a ''Eunomía'', ou boa orde e goberno.
 
Abandonou Atenas en 590 a. C. e dedicouse a viaxar por varios países, coma [[Chipre]], [[Lidia]] e [[Antigo Exipto|Exipto]], regresando á ''polis'' cando estaba gobernada polo [[tiranía|tirano]] Pisístrato, quen se amosou respectuoso co vello lexislador, finando na propia cidade á idade aproximada de 80 anos.
 
== A reforma soloniana==
 
== Véxase tamén==