Medio de comunicación de masas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
artigo que toda Wikipedia debe ter
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
A utilización dos [[medios de comunicación]] de masa implica organizacións xeralmente amplas, complexas, con gran número de profesionais e extensa división de [[Traballo (socioloxía)|traballo]]. A empresa [[xornal]]ística envolve o traballo dos directores, [[periodista]]s, redactores, [[Fotografía|fotógrafos]], diagramadores, ilustradores, gravadores, persoal de oficina... Como a manutención dunha organización de comunicación de masa é bastante onerosa, estas dependen dos imperativos do consumo para sobreviviren ou se expandiren: máxima circulación, no caso de [[libro]]s e [[película]]s; garantía de [[Audiencia (medios de comunicación)|audiencia]] e venda de [[publicidade]], no caso dos xornais, [[revista]]s, [[radio (medio de comunicación)|radio]] e [[televisión]].
 
Por outra banda, os medios de comunicación de masas necesariamente abranguen máquinas na mediación da comunicación: aparellos e dispositivos mecánicos, [[Electricidade|eléctricos]] e [[Electrónica|electrónicos]] posibilitan o rexistro permanente e a multiplicación das mensaxes [[Imprenta|impresas]] (xornais, revistas, libros...) ou gravadas ([[disco]]s, ...) en milleiros ou millóns de copias. A produción transmisión e recepción das mensaxes audiovisuais (radio, televicióntelevisión) precisa milleiros ou millóns de aparellos receptores.
 
Outra característica típica dos medios de comunicación de masas é a posibilidade que presentan de atinxir simultaneamente unha vasta audiencia, ou, dentro de breve período de [[tempo]], centenas de milleiros de oíntes, de espectadores, de lectores. Esa audiencia, ademais de heteroxénea e xeograficamente dispersa, está, por definición, constituída por membros non identificados pola fonte, aínda que a mensaxe estea dirixida especificamente para unha parcela determinada de público (un só sexo, unha determinada xeración...).