Diplomacia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 89 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1889
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{1000|+10}}
[[Ficheiro:Nyc-un-building.jpg|dereita|miniatura|250 px|A sede da [[ONU]] en [[Nova York]]]]
A '''diplomacia''' é a arte de conducir as relacións internacionais ou os negocios estranxeiros dun determinado [[Estado]] ou outro suxeito de [[dereito internacional]]. Xeralmente é emprendida por medio de diplomáticos de carreira e implica asuntos de [[guerra]] e [[paz]], [[comercio exterior]], promoción cultural, coordinación de [[organización internacional|organizacións internacionais]] e outros. Convén distinguir entre diplomacia e [[política exterior]] - aquela é unha dimensión desta última. A política exterior é definida en última análise pola autoridade de goberno dun Estado ou pola alta autoridade política dun suxeito de dereito internacional; así a diplomacia pode ser entendida como unha ferramenta dedicada a planear e executar a política exterior, por medio de diplomáticos. As relacións diplomáticas son definidas no plan do dereito internacional pola [[Convención de Viena sobre Relacións Diplomáticas]] (CVRD), de [[1961]].