Inscrición de Behistún: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Pedra Rosetta
m →‎A inscrición: arranxiños en datas
Liña 8:
== A inscrición ==
[[Ficheiro:Behistun DB1 1-15.jpg|miniatura|400px|Column 1 (DB I 1-15), deseño de Fr. Spiegel ([[1881]])]]
O texto da inscrición é unha declaración de Darío I, escrita tres veces en tres alfabetos e linguas diferentes: dúas linguas lado a lado, persa antigo e elamita, e babilonio enriba delas. Darío gobernou o [[imperio persa]] de [[-521 a.C.|521]] a [[-486|486 a.C.]]. Por volta de [[-515|515 a.C.]], el mandou facer unha inscrición coa longa historia da súa ascensión ao poder diante do usurpador [[Smerdis da Persia]] (e sobre as súas guerras subsecuentes e supresións de rebelión) a ser inscrita nunha falesia preto da actual cidade de Bisistun, aos pés das montañas Zagros, no [[Irán]], exactamente a onde se chega vindo das planicies de [[Kermanshah]].
 
A inscrición ten aproximadamente 15 m de altura por 25 m de largura, e fica a 100 m de altura nun acantilado á beira dunha antiga estrada ligando as capitais da [[Babilonia]] e do imperio dos [[Medas]] ([[Babilonia]] e [[Ecbatana]], respectivamente). É practicamente inaccesíbel, pois a parte lateral da montaña foi removida a fin de tornar a inscrición máis visíbel despois da súa finalización. O texto en persa antigo contén 414 liñas en cinco columnas; o texto en elamita inclúe 593 liñas en oito columnas e o texto babilonio está disposto en 112 liñas. A inscrición ilustrouse cun [[Baixo relevo|baixo-relevo]] de Darío en tamaño real, dous servos e 10 figuras de 1 metro representando os pobos conquistados; o [[deus]] [[Ahura Mazda]] flutúa sobre a ilustración, abenzoando o rei. Unha figura parece ter sido acrecentada despois das outras teren sido completadas, así como (curiosamente) a barba de Darío, constituída dun bloque de pedra independente fixado con [[ferro]] e [[chumbo]].