Henri de Lubac: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 17 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q353956
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 9:
A súa énfase na natureza humana e a súa continuidade e plenitude na vida da [[graza]] divina, así como a súa visión dinámica e non conservadora da [[tradición]], provocou a súa persecución e a prohibición de escribir e ensinar. Con todo, [[Xoán XXIII, papa|Xoán XXIII]] contará con el para a realización de traballos clave no [[Concilio Vaticano II]]. Dende ese momento convértese nunha figura indiscutida no pensamento católico.
 
De Lubac non refugou ningún debate, defendeu as ideas avanzadas de [[Teilhard de Chardin]], no seu intento de compatibilizar [[ciencia]] e [[fe (relixión)|fe]], teoloxía e [[Teoría da evolución|evolucionismo]]. Abordou tamén o fenómeno do [[ateísmo]], que xulga máis ben un [[antiteísmo]] comprensible como rexeitamento a un cristianismo inauténtico, gris, moralista e insolidario.
 
Pero o seu espírito libre fíxolle non casarse con ninguén. Refugou o nomeamento como cardeal por [[Paulo VI]] en contestación aos abusos da curia e a súa esixencia, para el improcedente, de que os cardeais sexan antes ordenados bispos. Debateu con profundidade e altura fronte ao que considerou un desorde postconciliar acrítico e superficial, demasiado proclive a adaptarse a todo o novo e o efémero. Na súa análise do ateísmo contemporáneo, conclúe que un [[humanismo]] sen transcendencia é un humanismo inhumano.
Liña 30:
Fronte a unha espiritualidade de evasión, inclinada ao individualismo en [[Platón]], [[Plotino]] e, en boa medida, no [[hinduísmo]] e o [[Budismo]], para de Lubac, o cristianismo constitúe un feito único na historia relixiosa da humanidade. O Ser Absoluto encárnase na materia creada, desenvólvese no tempo e abre para o home un destino transcendente e para a humanidade un destino común. A salvación tomará naturalmente a forma dunha historia real. Fronte ao eterno retorno das [[mitoloxía]]s, no cristianismo o círculo infernal estoura, os fenómenos cegos son agora acontecementos cunha dirección e o novo opera incesantemente. A diferenza das relixións mistéricas e gran parte da espiritualidade oriental, a ascensión e purificación individual de esfera en esfera é substituída por unha marcha colectiva de idade en idade. Este proceso histórico, por ser real, asume a fraxilidade material e moral da humanidade chamada á redención, da que é expresión, signo e anuncio a comunidade chamada [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]].
 
Dende [[Israel]], Deus actúa na historia e se revela pola historia dun pobo ínfimo fronte aos colosais imperios ([[Exipto]], [[Asiria]], [[Babilonia]]...). Xa en [[Xesús de NazarethNazaret]] introdúcese na historia conferíndolle unha consagración relixiosa que obriga a tomala en serio. Así pois, os acontecementos están cargados de eternidade. Sendo irreversible a duración, nada ocorre máis ca unha soa vez, de sorte que todo acto adquire unha dignidade particular e única. Como prolongación da presenza de Cristo, a Igrexa non é un grupo selecto de xustos, un reduto exclusivo de salvación, senón o depósito dunha [[graza]] inmerecida ao servizo de toda a humanidade. Na orde espiritual, como afirma [[Ambrosio de Milán]] non se posúe máis que o que se da.
 
Nese servizo, a Igrexa ha de responder ás inquedanzas da humanidade en cada tempo histórico. Aínda que sobre alicerces eternos, é unha casa en perpetua construción. A ''fidelidade a unha tradición non é nunca unha repetición servil''. De Lubac alerta contra unha catequese de reacción que provoca estreiteza do punto de vista e hipertrofia e desproporciona a verdade defendida, que pode ser ocasión de novos erros.