Karl Rahner: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 23 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q57317
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 23:
 
===Historia como Revelación e Salvación===
O Misterio Absoluto que é principio, o sustento e a meta do noso ser, como orixe primixenio da persoa El mesmo é realidade interpersoal ([[Santa Trinidade|Trindade]]). Así, faise comunicable na historia da salvación a través especialmente de [[Israel]] e, dun xeito irrevogable e definitivo, en [[Xesús de NazarethNazaret]]. Aquí a experiencia do home perante o misterio sagrado non é o pavor terrible dun horizonte afastado, senón a intimidade acolledora, o rostro próximo, o Amor que se comunica, o familiar que nos acubilla e que nos da seguridade para unha vida plena, sen límites, sen medos e sen culpa (experiencia de [[perdón dos pecados]]).
 
Este é o significado da revelación. A historia é sempre a historia do singular e irrepetible, xa que logo a historia xeral da humanidade alúmase dende o concreto. Así é como se experimenta o Misterio como [[Logos]], e como Logos encarnado en Xesús onde se produce a unión cume entre a humanidade e a divindade: a total comunicación de Deus ao home. A encarnación supón que Deus se anodada na [[materia]]: Materia que é a condición da posibilidade dunha comunicación inmediata, dun coñecemento e amor recíprocos consonte ao ser corporal do home.
Liña 45:
Neste sentido, o [[evanxeo]] ha de ser boa noticia, experiencia de Deus que libera da culpa e da angustia vital máis profunda. Se non se empeza por este anuncio do fundamental, non se deben inculcar normas morais que poderían resultar causas de coercións máis radicais e angustias máis profundas.
 
O crente no é un tipo especial de home, senón o home tal como é, aceptado e amado por Deus. Por iso o crente acéptase a si mesmo e a súa vida concreta con todos os absurdos, misterios e contradicións. Por iso supera o medo para aventurarse nos desafíos da súa historia. Un home que vive a liberdade como apertura a todo, sen excepción. De aí nace unha visión positiva dos bens intramundanos, do amor humano, da sexualidade, da alegría, do éxito, do traballo, sen absolutizalos como [[ídolo]]s. Trátase dunha liberdade que descansa na [[esperanza]] de que tamén o negativo, a angustioso, o sombrío e o incomprensible está abranguido polo misterio sagrado do Amor Eterno.
 
Existe tamén unha experiencia de Deus non crente, nunha existencia auténtica onde se intúe unha vivencia orixinaria de Deus, aínda que innominada. A acción redentora de Deus non se limita aos muros dunha institución eclesial aínda que se encontre en plenitude na mesma. Pódese falar, xa que logo, dun cristianismo anónimo segundo a frase de S. [[Agostiño de Hipona]]: ''moitos que semellan estar dentro están fóra, e moitos que semellan estar fóra, están dentro.''. O home que aínda non coñece a Xesús de xeito explícito, ou que o descoñece pola desfiguración dos que se din crentes, pode encontralo no seu irmán e no amor a el. Especialmente nos esfameados, doentes, encarcerados e marxinados. (Mt 25-40).