John Locke: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
JaviP96 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4:
'''John Locke''', nado preto de [[Bristol]] o [[29 de agosto]] de [[1632]] e finado o [[28 de outubro]] de [[1704]], foi un pensador [[Inglaterra|inglés]], considerado o pai da tradición filosófica [[Empirismo|empirista]] dominante en Inglaterra desde o [[século XVII]] e, tamén, precursor do [[liberalismo]] político.
 
== VidaTraxectoria ==
Entre os catorce e os vinte anos estudiou linguas clásicas na [[Escola de Westminster]]. Posteriormente graduaríase en filosofía en [[Oxford]], aínda que as ensinanzas recibidas, de corte tradicional, non lle satisfixeron en absoluto. Por este motivo púxose a estudar medicina e trabou amizade con [[Sydenham]], famoso médico, e con [[Robert Boyle]], célebre químico tamén. Do contacto con estas disciplinas xurdiu e seu interese polo método empírico, moi usado na medicina, e polo procedemento da análise química, empregado para descubrir os elementos compoñentes da materia. Pero Locke non se dedicou á actividade científica. A lectura das obras de [[Descartes]], [[Gassendi]] e [[Thomas Hobbes|Hobbes]] decidiron o seu destino cara a [[filosofía]]. En 1666 coñece ó [[Conde de Shaftesbury]], cargo político durante parte de reinado de [[Carlos II de Inglaterra|Carlos II]], converténdose no seu secretario e médico persoal. O posterior declive político de Shaftesbury empuxou a Locke a viaxar por [[Francia]]. Finalmente, tras un breve retorno a Inglaterra, e ante os acontecementos adversos no seu país para o partido político dos ''Whigs'', acabou refuxiándose en [[Países Baixos - Nederland|Holanda]]. Cando [[Guillerme de Orange]] accede ó reinado de Inglaterra Locke volve outra vez e convértese nun personaxe célebre e polémico escribindo sobre os máis diversos temas de interese público, principalmente de tipo relixioso. Cara o ano 1700 comeza a ter problemas de saúde. Un ano antes de morrer escribe nunha carta ó seu amigo A. Collins: ''amar a verdade por si mesma é a parte máis importante da perfección humana neste mundo, e a base de todas as demais virtudes''.
 
Liña 55:
[[Categoría:Finados en 1704]]
 
{{Link GA|de}}
{{Link GA|no}}
{{Link GA|zh}}
{{Link FA|vi}}