Diferenzas entre revisións de «Umar ibn al-Khattab»

sen resumo de edición
 
== Xerusalén ==
No ano 637, tería lugar outro acontecemento que marcaría para sempre a historia da humanidade. Tras un longo asedio, [[Xerusalén]] a cidade santa, abría as súas portas aos musulmáns. Umar entrou na cidade máis humildemente que o propio [[Xesús de Nazaret]] camiñando ao lado dun asno sobre cal cabalgaba un escravo. O patriarca da [[Igrexa Ortodoxa]] entregáballe as chaves da cidade e conduciu a Umar ao o lugar do sacrificio de [[Isaac]] por parte do primeiro crente [[Abraám]] o mesmo dende o cal Mahoma ascendera aos ceos. Alí mandaría Omar construír a [[mesquita]] da Roca.<ref>''Modern Islamic political thought'', Hamid Enayat, page no:6</ref>
 
Omar foi conducido ao Templo do [[Santo Sepulcro]], pero declinou entrar dicíndolle aos dirixentes cristiáns que, se o facía, tal lugar sería lembrado como santo para os musulmáns e perdería a seu carácter exclusivamente cristiá. Deu probas, deste xeito, dun exquisito respecto polo cristianismo.
 
== Goberno ==
Umar transformou o sistema clánico árabe nun imperio teocrático que aglutinaba diferentes pobos e etnias; el era o ''Señor dos crentes''. <ref>''Al Farooq, Umar'', [[Muhammad Husayn Haykal]]. chapter no:5 page no:140</ref>
 
Organizou todo un aparello militar e administrativo; nas terras ocupadas, os xefes do seu exército eran asemade os seus representantes e, xa que logo, tiñan a máxima autoridade para impartir xustiza, gobernar e decidir sobre asuntos civís e relixiosos. A diferenciación entre o secular e o relixioso, que o cristianismo abrira timidamente, desapareceu, pero se mantivo o respecto polas ''relixións do Libro'' ([[xudaísmo]] e [[cristianismo]]), cuxos crentes eran protexidos ([[dimmís]]) a cambio dun tributo (''chizia''). O [[Mazdeísmo]] persa foi menos considerado.
Umar iniciou a recompilación dos textos coránicos, a codificación da Lei islámica e fixou o [[calendario árabe]].
 
O seu estilo de vida era de gran austeridade, mantendo os costumes de cando os musulmáns eran unha minoría perseguida. Del díxose que gobernaba con xustiza, por iso era quen de durmir apraciblemente no chan ou xalundes.<ref>''The Cambridge History of Islam'', ed. P.M. Holt, Ann K.S. Lambton, and Bernard Lewis, Cambridge 1970</ref>
 
Morreu vítima de seis apuñalamentos por parte dun escravo persa. Sucedeuno [[Uthman ibn Affan]].<ref>''Modern reformist thought in the Muslim world''. By Mazheruddin Siddiqi, Adam Publishers & Distributors. pg.147</ref>
13.744

edicións