Umar ibn al-Khattab: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
JaviP96 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17:
 
== Conquistas ==
Umar preparou o gran salto do Islam alén da Península arábiga. Pobos mercenarios de persas e bizantinos foron convertidos ao Islam e constituíron unha quinta columna esencial na derrota dos imperios máis formidables do momento. O [[Imperio Bizantino]] e o [[Imperio Sasánida]], acababan de saír esgotados dunha guerra á morte.<ref>''Early caliphate'', Muhammad Ali, Muḥammad Yaʻqūb K̲h̲ān page 85</ref>
 
O [[Imperio bizantino]], ademais, arrastraba unha crise de lexitimación da autoridade de [[Constantinopla]], debido á división das Igrexas cristiás. A [[Igrexa Siríaca]], a [[Igrexa Ortodoxa Copta]] mantiñan o seu predominio nos patriarcados de [[Antioquía]] e [[Alexandría]] gobernando sobre unha maioría [[monofisita]] que non aceptaba a autoridade de Bizancio fiel a súa propia [[Igrexa ortodoxa]] e ao [[Concilio de Calcedonia]]. Os monofisitas, marxinados e por veces perseguidos, no verían con malos ollos un novo liderado político estranxeiro que os aliviase da presión bizantina.<ref>{{cite book|last=Madelung |first=Wilferd |title=[[The Succession to Muhammad (book)|The Succession to Muhammad]] |publisher=Cambridge University Press|year=1997|page=43}}</ref>
 
O [[Imperio sasánida]], á súa vez, ficaba asolagado nunha permanente crise política cunha sucesión de [[xa]]s moi fugaz e inestable.
Liña 25:
A [[batalla de Yarmuk]] ([[636]]), preto de [[Damasco]] supuxo a máis tremenda derrota de Bizancio e o fin do seu predominio sobre Siria. [[Damasco]] caería ao pouco tempo.
 
A batalla de [[al-Qadisiyya]] foi o éxito paralelo na fronte persa. O exército sasánida foi destruído cerca do [[Éufrates]] e o seu xeneral [[Rostam Farrokhzad]] caeu no combate. A capital persa [[Ctesifonte]] non tardaría en ser asaltada polas invencibles forzas do islam. Tras a batalla de [[Nehavend]] o exército musulmán non tería xa unha oposición bélica minimamente seria.<ref>''Al Farooq, Umar'', Muhammad Husayn Haykal. chapter no:21</ref>
 
En 642, [[Alexandría]] é evacuada polos bizantinos e todo [[Exipto]] é ocupado polo xeneral [[Amr, ibn Al-as]]. Un novo Imperio como o de [[Darío I]] ou o de [[Alexandre Magno]] xurdía subitamente no Oriente Próximo e avanzaba polo beira sur do [[Mediterráneo]].<ref>''Al Farooq, Umar'', [[Muhammad Husayn Haykal]]. chapter no:5 page no:119</ref>
 
== Xerusalén ==
Liña 43:
O seu estilo de vida era de gran austeridade, mantendo os costumes de cando os musulmáns eran unha minoría perseguida. Del díxose que gobernaba con xustiza, por iso era quen de durmir apraciblemente no chan ou xalundes.
 
Morreu vítima de seis apuñalamentos por parte dun escravo persa. Sucedeuno [[Uthman ibn Affan]].<ref>''Modern reformist thought in the Muslim world''. By Mazheruddin Siddiqi, Adam Publishers & Distributors. pg.147</ref>
 
==Notas==