Diferenzas entre revisións de «Umar ibn al-Khattab»

sen resumo de edición
{{1000|+10}}
'''Umar ibn al-Khattab''' (tamén coñecido como '''Omar'''), nado no [[579]] e finado no [[644]], foi o artífice da gran expansión militar, cultural e relixiosa do [[islam]], o [[califa]] que colocou a [[Arabia]] na posición hexemónica que ocupou durante séculos.<ref>Ahmed, Nazeer, ''Islam in Global History: From the Death of Prophet Muhammad to the First World War'', American Institute of Islamic History and Cul, 2001, p. 34. ISBN 0-7388-5963-X.</ref><ref>[http://this-is-islam.co.uk/men-and-women/umar-ibn-al-khattab Umar ibn Al-Khattab - This-is-Islam.co.uk]</ref>
 
== Conversión ==
Pertencía ao clan de Banu Adi, da tribo dos Quarysh. Naceu na [[Meca]]. Traballou como pastor e comerciante, practicaba un afervoado [[paganismo]], salientaba entre os seus pola súa cultura, forza física e habilidade guerreira.<ref>as-Suyuti, ''The History of Khalifahs Who Took The Right Way'' (London, 1995), p. 107-108.</ref>
 
Cando [[Mahoma]] empezou a predicar o Islam. Umar decidiu defender o [[politeísmo]] tradicional fronte a nova relixión [[monoteísmo|monoteísta]]. Comezou a dirixir unha persecución violenta contra os novos crentes. Cóntase que, cando descubriu que na súa propia casa a súa irmá e o seu home estaban recitando o Corán, atacounos cheo de carraxe. O sangue da súa irmá conmoveuno e pregoulle que lle lese o que estaba recitando. Ao escoitalo, converteuse ao islam nese mesmo intre. Ao pouco tempo, cheo de valor, foi o primeiro musulmán que se atreveu a orar abertamente na [[Kaaba]], o que supuxo un paso decisivo para a práctica do islam á luz pública.<ref>''Serat-i-Hazrat Umar-i-Farooq'', Mohammad Allias Aadil, page no:119</ref><ref>Armstrong, p. 152.</ref>
 
== Ascenso ==
Convertido nun dos fieis máis próximos ao Profeta, participou na [[héxira]] ou fuxida a [[Medina]]. Alí foi, xunto a [[Abu Bakr]], un dos líderes do crecente grupo de crentes. Cando se fixeron preminentes na cidade de acollida, salientou nas batallas de [[batalla de Badr|Badr]], [[batalla de Uhud|Uhud]], [[batalla de Khaybar|Khaybar]] e nas correrías por [[Siria]]. No ano 625, entregou a súa filla [[Hafsah]] a Mahoma para ser unha das súas mulleres.<ref>''Serat-i-Hazrat Umar-i-Farooq'', Mohammad Allias Aadil, page no:40-41</ref>
 
Cando tras dúas semanas de agonía, en 632, Mahoma deixou esta vida, Umar opúxose a que o seu corpo fora soterrado. Insistiu en que o Profeta abandonara o seu corpo pero que voltaría axiña. Mais Abu Bakr repúxolle con autoridade: ''se algún da culto ao Profeta Mahoma, deixa que se saiba que está morto, pero se algún da culto a [[Alá]], daquela deixa que se saiba que Alá é o Vivente e non morre endexamais''. Despois recitou as seguintes verbas do [[Corán]]: ''Mahoma non é máis ca un mensaxeiro. Mensaxeiros como el morreron antes ca el. Así se el morre ou é asasinado, voltarás ti sobre os teus pasos?''. Perante isto, Umar aceptou que se enterrase o cadáver; fieis ao Profeta, el e Abu Bakr impediron que, a diferencia do [[cristianismo]], nada fose ''asociado'' ao propio Alá.<ref>''Serat-i-Hazrat Umar-i-Farooq'', Mohammad Allias Aadil, page no:42-42, Sahih al bukhari</ref>
 
A sucesión foi complicada debido a que os musulmáns de Medina quixeron elixir ao seu propio líder. O apoio de Umar a Abu Bakr impediu que o islam se dividise en faccións étnicas ou quedase reducido a unha relixión étnica.
 
Durante o califato de Abu Bakr, Umar foi o seu principal conselleiro na consolidación do dominio musulmán sobre o conxunto das cidades e tribos árabes. Deste xeito, foi designado sucesor e accedeu ao califato no [[634]].{{cite book|last=Madelung |first=Wilferd |title=[[The Succession to Muhammad (book)|The Succession to Muhammad]] |publisher=Cambridge University Press|year=1997}}</ref>
 
== Conquistas ==
Umar preparou o gran salto do Islam alén da Península arábiga. Pobos mercenarios de persas e bizantinos foron convertidos ao Islam e constituíron unha quinta columna esencial na derrota dos imperios máis formidables do momento. O [[Imperio Bizantino]] e o [[Imperio Sasánida]], acababan de saír esgotados dunha guerra á morte.
 
O [[Imperio bizantino]], ademais, arrastraba unha crise de lexitimación da autoridade de [[Constantinopla]], debido á división das Igrexas cristiás. A [[Igrexa Siríaca]], a [[Igrexa Ortodoxa Copta]] mantiñan o seu predominio nos patriarcados de [[Antioquía]] e [[Alexandría]] gobernando sobre unha maioría [[monofisita]] que non aceptaba a autoridade de Bizancio fiel a súa propia [[Igrexa ortodoxa]] e ao [[Concilio de Calcedonia]]. Os monofisitas, marxinados e por veces perseguidos, no verían con malos ollos un novo liderado político estranxeiro que os aliviase da presión bizantina.
13.744

edicións