Diferenzas entre revisións de «Umar ibn al-Khattab»

m
sen resumo de edición
m
'''Umar ibn al-Khattab''' ([[584]]-[[644]]) tamén coñecido como '''Omar'''), nado no [[579]] e finado no [[644]], foi o artífice da gran expansión militar, cultural e relixiosa do [[islam]], o [[califa]] que colocou a [[Arabia]] na posición hexemónica que ocupou durante séculos.
 
== Conversión ==
 
Pertencía ao clan de Banu Adi, da tribo dos Quarysh. Naceu na [[Meca]]. Traballou como pastor e comerciante, practicaba un afervoado [[paganismo]], salientaba entre os seus pola súa cultura, forza física e habilidade guerreira.
 
 
== Ascenso ==
 
Convertido nun dos fieis máis próximos ao Profeta, participou na [[héxira]] ou fuxida a [[Medina]]. Alí foi, xunto a [[Abu Bakr]], un dos líderes do crecente grupo de crentes. Cando se fixeron preminentes na cidade de acollida, salientou nas batallas de [[batalla de Badr|Badr]], [[batalla de Uhud|Uhud]], [[batalla de Khaybar|Khaybar]] e nas correrías por [[Siria]]. No ano 625, entregou a súa filla [[Hafsah]] a Mahoma para ser unha das súas mulleres.
 
 
== Conquistas ==
 
Umar preparou o gran salto do Islam alén da Península arábiga. Pobos mercenarios de persas e bizantinos foron convertidos ao Islam e constituíron unha quinta columna esencial na derrota dos imperios máis formidables do momento. O [[Imperio Bizantino]] e o [[Imperio Sasánida]], acababan de saír esgotados dunha guerra á morte.
 
 
== Xerusalén ==
 
No ano 637, tería lugar outro acontecemento que marcaría para sempre a historia da humanidade. Tras un longo asedio, [[Xerusalén]] a cidade santa, abría as súas portas aos musulmáns. Umar entrou na cidade máis humildemente que o propio [[Xesús de Nazaret]] camiñando ao lado dun asno sobre cal cabalgaba un escravo. O patriarca da [[Igrexa Ortodoxa]] entregáballe as chaves da cidade e conduciu a Umar ao o lugar do sacrificio de [[Isaac]] por parte do primeiro crente [[Abraám]] o mesmo dende o cal Mahoma ascendera aos ceos. Alí mandaría Omar construír a [[mesquita]] da Roca.
 
 
== Goberno ==
 
Umar transformou o sistema clánico árabe nun imperio teocrático que aglutinaba diferentes pobos e etnias; el era o ''Señor dos crentes''.
 
13.744

edicións