Umar ibn al-Khattab: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 91 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q8467
JaviP96 (conversa | contribucións)
Liña 33:
== Xerusalén ==
 
No ano 637, tería lugar outro acontecemento que marcaría para sempre a historia da humanidade. Tras un longo asedio, [[Xerusalén]] a cidade santa, abría as súas portas aos musulmáns. Umar entrou na cidade máis humildemente que o propio [[Xesús de NazarethNazaret]] camiñando ao lado dun asno sobre cal cabalgaba un escravo. O patriarca da [[Igrexa Ortodoxa]] entregáballe as chaves da cidade e conduciu a Umar ao o lugar do sacrificio de [[Isaac]] por parte do primeiro crente [[Abraám]] o mesmo dende o cal Mahoma ascendera aos ceos. Alí mandaría Omar construír a [[mesquita]] da Roca.
 
Omar foi conducido ao Templo do [[Santo Sepulcro]], pero declinou entrar dicíndolle aos dirixentes cristiáns que, se o facía, tal lugar sería lembrado como santo para os musulmáns e perdería a seu carácter exclusivamente cristiá. Deu probas, deste xeito, dun exquisito respecto polo cristianismo.