Kwame Nkrumah: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
JaviP96 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 35:
|}
 
'''Kwame Nkrumah''', nado o ([[21 de setembro]] de [[1909]] -e finado o [[27 de abril]] de [[1972]]), como era coñecido '''Francis Nwia-Kofi Ngoloma''', foi un líder ganés [[Descolonización|anticolonial]], [[Neocolonialismo|antineocolonial]] e [[Anti-imperialismo|anti-imperialista]] de [[África]]. Nkrumah foi o fundador e máis o primeiro [[Lista dos presidentes de Gana|presidente]] da moderna [[Gana]], sendo considerado como un dos políticos [[Pan-Africanismo|pan-africanistas]] máis influentes do [[século XX]].
 
== Primeiros anos ==
 
Nkrumah naceu en [[Nkroful]], no territorio africano entón coñecido como [[Costa de Ouro]], hoxe Gana, nunha familia de relixión cristiá relativamente humilde. Acudiu á escola elemental na localidade de [[Half Assini]], diplomándose logo en [[Accra]] no Government Training College (que cambiou nome naquel mesmo ano para Achimota School). No 1935 deixou Gana para ir aos [[Estados Unidos de América]]. Aí traballou e seguiu estudos nunha variedade de materias (Ensinanza, Economía, Socioloxía e Teoloxía) na [[Universidade Lincoln]] e na [[Universidade de Pensilvania]]<ref>Kwame Botwe-Asamoah ''Kwame Nkrumah's Politico-Cultural Thought and Policies''. Routledge, 2005, páxina 3</ref>. En [[1945]] marchou ao [[Reino Unido]], estudando políticas na [[London School of Economics]].
 
Liña 44 ⟶ 43:
 
== Regreso a Gana ==
 
Toda esa actividade chamou a atención de [[Arko Adjei]], dirixente do United Gold Coast Convention (Convención Unida da Costa de Ouro) ('''UGCC'''), o primeiro partido político de Gana. En 1947 Nkrumah tornou a Gana para participar na loita polo dereito do seu pobo á autodeterminación, mais entre el e outros membros da '''UGCC''' as relación voltáronse de súpeto tensas.
 
Liña 55 ⟶ 53:
 
== A Independencia de Gana ==
 
O [[1 de xaneiro]] de [[1951]] foi promulgada a nova [[constitución]] de Gana, que o CPP criticou ora porque negaba o pleno autogoberno, ora porque máis unha vez favorecía a representación a través das elites tradicionais. En febreiro de [[1951]] como o partido decidiu participar nas eleccións, o novo gobernador británico Sir Charles Alden permitiu que Nkrumah, aínda no cárcere, competise por un escano na Asemblea. O éxito nas votacións foi un triunfo para Nkrumah. Ante esta esmagadora vitoria Alden decidiu liberar a Nkrumah xunto outros membros do CPP que estaban tamén detidos, e nomealo xefe do goberno e, un ano logo, Primeiro Ministro. Unha das primeiras medidas de Nkrumah foi modificar a Constitución, que transformou a Asemblea Lexislativa nunha cámara integramente elixíbel por [[sufraxio universal]]. No ano [[1954]] as novas eleccións outorgáronlle de novo unha nidia vitoria ao CPP.
 
Liña 63 ⟶ 60:
 
== Presidente de Gana ==
 
Un dos primeiros obxectivos do goberno Nkrumah foi promover o [[desenvolvemento]] do país, de modo que os seus [[recurso]]s poidesen ser usados para mellorar o [[benestar]] da poboación, e non só para producir bens exportábeis cara os países desenrolados. Desde un punto de vista [[Ideoloxía|ideolóxico]] Nkrumah era un defensor do [[socialismo africano]]. Foi así creado un sistema económico que combinaba a libre iniciativa privada cun forte papel do [[Estado]] na economía. Na primeira época a política de Nkrumah obtivo discretos éxitos, especialmente nos campos do [[ensino]] e da construción de [[infraestrutura]]s (o grande encoro de [[Akosombo]]), mais os programas de desenvolvemento impuxeron tamén un forte peso nas finanzas do país que, unido as esperanzas que as excesivas ambicións do presidente xeraran, e máis o difusión da corrupción, revelouse un punto insostíbel. Amargado polas dificultades que Gana atopaba no seu intento de emanciparse tanto social como economicamente, Nkrumah virouse moi apaixonado na denuncia do [[neocolonialismo]] . Para vencer estas forzas Nkrumah tiña en mente unha solución, xa pensada nos tempos da súa militancia no movemento [[panafricano]]: a unión de [[África]] enteira nunha [[federación]].
 
Liña 75 ⟶ 71:
 
== Últimos anos ==
 
No [[1964]] Nkrumah convocou un referendo con idea de proclamar o CPP, do cal tiña o control absoluto , partido único de Gana, e a el mesmo presidente vitalicio. Nkrumah perdera o que fora a súa grande calidade: a capacidade de interpretar os sentimentos e as necesidades das masas populares.
 
Liña 86 ⟶ 81:
== Notas ==
<references/>
 
{{Gobernante|
ESPAZO_POLITICO=[[Presidente de Gana]]|
Liña 94 ⟶ 90:
DATA_SAIDA=[[1966]]|
}}
 
{{ORDENAR:Nkrumah, Kwame}}
 
[[Categoría:Descolonización]]
[[Categoría:Presidentes de Gana|Nkrumah, Kwame]]
[[Categoría:Nados en 1909]]
[[Categoría:Finados en 1972]]