Elite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 31 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q192797
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 7:
En termos analíticos, os pais dunha [[Teoría de elites]] son [[Caetano Mosca]] e [[Vilfredo Pareto]], aínda cando algúns tamén consideran a relevancia fundacional de [[Robert Michels]], sobre todo pola súa lei sobre a crecente oligarquización dos [[partido político|partidos políticos]] en particular e das organizacións sociais en xeral. Outro autor de grande relevancia é [[Wright Mills]], xa que el acuñou o termo de elite de poder. Con este concepto faise referencia ao núcleo de poder que en [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] se produce entre as elites económicas, políticas e militares.
Actualmente existe certo consenso en que as elites son necesarias na sociedade e que sería máis ben quimérico pensar na súa inexistencia. De feito, coa caída dos [[socialismo]]s reais e o solpor da [[utopía]] dunha [[sociedade]] sen [[Clase social|clase]]s, as elites volven lentamente a ocupar un lugar central na teoría social. O propio dunha teoría de elites é o acento do conflito entre distintas elites, así como tamén a imputación de responsabilidade polo decurso que vai adoptando a sociedade e, para rematar, a [[énfase]] na axencia antes que na estrutura. De feito, as elites poden ser concibidas como actores claves para posibilitar ou impedir o cambio dunha sociedade.
 
==[[Etimoloxía]]==