Micotoxinas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
A palabra micotoxina deriva do grego mikes (fungo) e toxicum (veleno). Baixo esta denominación agrúpanse unha serie de compostos de baixo peso molecular prexudiciais para animais vertebrados, excluíndo bacterias e plantas, producidas por fungos, que non perden a súa toxicidade por tratamento térmico nin por acción dos complexos enzimáticos gastrointestinais. Tamén se exclúen aquelas toxinas presentes nas setas velenosas. <ref>{{cita libro|título=Micotoxinas en alimentos|ano=2007|editor=Díaz de Santos|localización=España|autor=1. José Miguel Soriano del Castillo|coautores=M. Lourdes Abarca, Houda Berrada Ramdani, M.Rosa Bragulat Arará, Pedro A. Burdaspal Pérez, F.Javier Cabañes Sáenz Et al|editor=Díaz de Santos}}</ref>
 
As micotoxinas son metabolitos secundarios dos fungos, é dicir, non son indispensables para a súa supervivencia, e maioritariamente fórmanse cando a fase de desenrolo chega a súa etapa final e durante a fase estacionaria dos mesmos, sendo a míudo relacionadas coa fase de diferenciación e esporulación.
As micotoxinas poden contaminar alimentos ou materias primas utilizadas para a súa elaboración, dando lugar a un grupo de enfermidades denominadas micotoxicosis, que presentan as seguintes características comúns:
 Son enfermidades non transmisibles
 O tratamento fármacolóxico ten pouco ou ningún efecto
 Nos brotes observados no campo o problema é estacional debido a que as condicións climáticas afectan ao desenrolo do fungo, e o brote está comunmente asociado a un alimento ou forraxe específico <ref>{{cita web|apelidos=Carrillo|nome=Leonor|título=Los hongos de los alimentos y forrajes|url=http://www.unsa.edu.ar/matbib/micologia.htm|dataacceso=16 de abril de 2013}}</ref>
 
As micotoxicosis agudas representan un problema de saúde animal, posto que os alimentos contaminados son rexeitados para consumo humano e destínanse ao consumo do gando. No home presentan maior importancia as micotoxicosis crónicas por exposicións prolongadas a estas sustancias. Os efectos adversos das micotoxinas poden afectar a distintos aparellos e órganos, especialmente ao fígado, ril, sistema nervioso, endocrino e inmunitario, e os síntomas que presentan poden ser moi variables en función da sustancia implicada e da variabilidade individual.
Os fungos poden contaminar as materias primas e introducirse na cadea alimentaria directa ou indirectamente. A contaminación directa pode ter lugar en calquera das fases de produción, tanto no campo como durante a recolección, o almacenamento ou o transporte. A contaminación indirecta débese ao consumo dun ingrediente previamente contaminado con un mofo tóxico, que pese a ter desaparecido, persiste a micotoxina <ref>{{cita web|apelidos=Carrillo|nome=Leonor|título=Mohos y micotoxinas|url=http://www.unsa.edu.ar/matbib/hongos/01htextomohos.pdf|dataacceso=16 de abril de 2013}}</ref>
 
==Historia==
Liña 9 ⟶ 19:
Na Idade Media coa entrada do centeo en Europa tamén comezaron os brotes de ergotismo, coñecidos como “lume de San Antón” debido a sensación abrasadora experimentada polas vítimas. Estes brotes explicarían diversas epidemias que devastaron Europa Occidental. Os enfermos de micotoxicose trasladábanse á Abadía de Saint-Antoine de Viennois, onde moitos deles se recuperaban porque eran alimentados con pan sen cornizó.
O suceso das meigas de Salem, ao redor de 1690, que provocou a execución de moitos inocentes debido ao comportamento estrano que presentaban algunhas nenas, tamén parece relacionado cas micotoxicosis. Os síntomas que presentaban (cegueira temporal, xordeira, ataques de rabia, visión de lume, sensación de voar polo aire) están relacionados cos que describen os individuos que consumen LSD (dietilamina do ácido lisérgico), derivado sintético do ácido lisérgico que é un dos alcaloides do cornizó do centeo. Créese que o comportamento das nenas foi debido a unha intoxicación con pan de centeo contaminado.
En Rusia, os alcaloides derivados do xénero Claviceps e a toxina T-2 provocaron micotoxicosis de xeito simultáneo durante moitos ano. A primeira micotoxicosis por tricotecenos que se identificou neste pais foi no ano 1932, cunha taxa de mortalidade do 60%, sendo endémica durante as dúas décadas seguintes.<ref>{{cita namelibro|título="test"Micotoxinas en alimentos|ano=2007|editor=Díaz de Santos|localización=España|autor=1. José Miguel Soriano del Castillo|coautores=M. Lourdes Abarca, Houda Berrada Ramdani, M.Rosa Bragulat Arará, Pedro A. Burdaspal Pérez, F.Javier Cabañes Sáenz Et al|editor=Díaz de Santos}}</ref>
 
 
==Clasificación==