Micotoxinas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Pistachios th.jpg|300px|miniatura|Os pistachos poden estar contaminados por aflatoxinas]]
As '''micotoxinas''' ([[toxina]]s producidas por [[fungo (bioloxía)fungos]]) son substancias tóxicas elaboradas durante o crecemento de determinados grupos de fungos nos [[alimento]]s: coñécense ata 200 especies de fungos capaces de producir micotoxinas. Estas toxinas poden provocar diferentes efectos nocivos nos homes ou animais que consomen eses alimentos e, se se inxiren en concentracións elevadas poden provocar [[enfermidade]]s graves, como o [[cancro]] de [[fígado]], de [[ril]] ou doutros órganos.
 
A palabra micotoxina deriva do grego mikes (fungo) e toxicum (veleno). Baixo esta denominación agrúpanse unha serie de compostos de baixo peso molecular prexudiciais para animais vertebrados, excluíndo bacterias e plantas, producidas por fungos, que non perden a súa toxicidade por tratamento térmico nin por acción dos complexos enzimáticos gastrointestinais. Tamén se exclúen aquelas toxinas presentes nas setas velenosas. <ref>{{cita libro|título=Micotoxinas en alimentos|ano=2007|editor=Díaz de Santos|localización=España|autor=1. José Miguel Soriano del Castillo|coautores=M. Lourdes Abarca, Houda Berrada Ramdani, M.Rosa Bragulat Arará, Pedro A. Burdaspal Pérez, F.Javier Cabañes Sáenz Et al|editor=Díaz de Santos}}</ref>
 
==Historia==
As micotoxinas que maior importancia tiveron na historia foron as do xénero Claviceps e o ergotismo, das que seguen aparecendo casos hoxe en día.
Os primeiros casos coñecidos do cornizó do centeo datan de fai máis de 3000 anos en China, onde se usaba para a obstetricia. Os sirios, 600 anos a.C., suxiren que a última praga, a morte dos primoxénitos, mencionada pola Biblia, púidose deber ao consumo de cereais contaminados con tricotecenos. No 430 a.C. unha epidemia entre os espartanos foi debida probablemente ao consumo de alcaloides derivados do xénero Claviceps. Na antiga Persia, sobre o 400 a.C. o consumo por embarazadas orixinaba abortos ou morte no parto.
Na Idade Media coa entrada do centeo en Europa tamén comezaron os brotes de ergotismo, coñecidos como “lume de San Antón” debido a sensación abrasadora experimentada polas vítimas. Estes brotes explicarían diversas epidemias que devastaron Europa Occidental. Os enfermos de micotoxicose trasladábanse á Abadía de Saint-Antoine de Viennois, onde moitos deles se recuperaban porque eran alimentados con pan sen cornizó.
O suceso das meigas de Salem, ao redor de 1690, que provocou a execución de moitos inocentes debido ao comportamento estrano que presentaban algunhas nenas, tamén parece relacionado cas micotoxicosis. Os síntomas que presentaban (cegueira temporal, xordeira, ataques de rabia, visión de lume, sensación de voar polo aire) están relacionados cos que describen os individuos que consumen LSD (dietilamina do ácido lisérgico), derivado sintético do ácido lisérgico que é un dos alcaloides do cornizó do centeo. Créese que o comportamento das nenas foi debido a unha intoxicación con pan de centeo contaminado.
En Rusia, os alcaloides derivados do xénero Claviceps e a toxina T-2 provocaron micotoxicosis de xeito simultáneo durante moitos ano. A primeira micotoxicosis por tricotecenos que se identificou neste pais foi no ano 1932, cunha taxa de mortalidade do 60%, sendo endémica durante as dúas décadas seguintes.<ref name="test"/>
 
==Clasificación==
 
* [[Aflatoxinas]]:debense a distintas especies do xénero ''[[Aspergillus]]'', que crecen en [[cereal|cereais]], [[froitos secos]] (especialmente [[pistacho]]s e [[cacahuete]]s) ou desecados ([[dátil]]es, [[figueira|figos secos]]); tamén poden aparecer no [[leite]] se as [[vaca]]s consumiron [[penso]]s contaminados. Existen varios tipos, entre os que a aflatoxina B1 é a considerada máis perigosa e recoñecida como canceríxena.
Liña 13 ⟶ 24:
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
{{Listaref}}
 
* CARRILLO, Leonor: ''Mohos y micotoxinas'' [http://www.unsa.edu.ar/matbib/hongos/01htextomohos.pdf]
===Ligazóns externas===