Diferenzas entre revisións de «Dogma de Anfinsen»

sen resumo de edición
:'''Cineticamente accesible''': a ruta sobre a superficie de enerxía libre desde o estado despregado ao pregado debe ser razoablemente suave ou, noutras palabras, o pregamento da cadea non debe implicar cambios moi complexos na forma (como nós ou outras conformacións de orde elevada).
 
O campo que estuda o [[pregamento de proteínas]] trata sobre como a proteína atingue a súa estruutra nativa, e ten outro dogma relacionado chamado [[paradoxo de Levinthal]]. Este paradoxo afirma que o número de posibles conformacións que pode adoptar unha determinada proteína é astronomicamente grande, de modo que mesmo proteínas pequenas de 100 residuos requirirían máis tempo ca o que leva existindo o Universo para poder explorar todas as posibles conformacións (10<sup>26</sup> segundos) e escoller a apropiada, e facer predicións computacionais das estruturas das proteínas sería tamén inviable ou imposible. Baseándose na observación de que as proteínas se pregan cunha rapidez moito maior, Levinthal propuxo que non ten lugar unha búsquedabusca de conformación aleatoria, e que a proteína debe pregarse a través dunha serie de estados intermedios metaestables.
 
Ademais, algunhas proteínas necesitan a asistencia doutras proteínas chamadas [[chaperona]]s para pregarse axeitadamente. Suxeriuse que isto refuta o dogma de Anfinsen. Porén, as chaperonas non parecen afectar ao estado final da proteína, senón que parecen actuar principalmente impedindo a agregación de varias moléculas proteicas antes de que a proteína se pregue.
191.158

edicións