Polea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado sinónimos
engado historia (tradución da ca.wiki)
Liña 2:
[[Ficheiro:PulleyShip.JPG|miniatura|220px|dereita|Polea dunha embarcación.]]
Unha '''polea''', '''cadeixo''' ou '''roldana''' é unha [[máquina simple]] que se utiliza para cambiar a dirección dunha [[forza]], para amplificala ou para transmitir o movemento de rotación a outras poleas, posibelmente variando a velocidade angular coa que xira cada unha. Consiste nunha [[roda]] cunha canle pola que se fai pasar unha [[corda]] ou [[cable]] e que ademais é móbil no seu eixo central.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Kladka.jpg|miniatura|Polea vella de madeira.]]
[[Ficheiro:Six-Pulleys.png|miniatura|Sistema de poleas compostas.]]
Como no caso das outras máquinas simples, o descubrimento da polea e a súa adopción na vida cotiá do ser humano probabelmente ocorreu na [[Prehistoria]]. Na antigüidade utilizábanse as poleas como dispositivos de elevación de cargas, que podían combinarse tamén cos [[plano inclinado|planos inclinados]]. As máquinas simples usábanse sobre todo nos traballos de construción na [[Idade Antiga]], aínda que nalgúns casos como o da [[Necrópole de Giza]] non se usaron rodas nin poleas, xa que os [[Antigo Exipto|exipcios]] non dispoñían destas ferramentas para a construción.<ref name=Rasmussen>{{cita web|apelidos=Rasmussen|nome=Finn|título=How was the Great Pyramid built|url=http://www.finse.dk/kheops.pdf|dataacceso=9 de maio de 2013}}</ref>
 
Na prácticas, as poleas poderían terse desenvolvido a partir da experiencia no emprego de cordas pasadas a través de [[póla]]s de árbores. As máis antigas das que se ten coñecemento datan do [[século XIII a.C.]], teñen procedencia en [[Asiria]] e usábanse para sacar auga.<ref name=Rihll>{{cita libro|apelidos=Rihll|nome=T.E.|título=Mechanics|ano=2004|url=http://www.swan.ac.uk/grst/Specific%20subjects/Mechanics/Mechanics.htm}}</ref><ref name=Chant>{{cita libro|apelidos=Chant|nome=Colin|título=The Pre-industrial Cities and Technology Reader|ano=1999|url=http://books.google.cat/books?id=TFmKlFWN04wC&pg=PA43&lpg=PA43&dq=block+and+tackle+greek+-Archimedes+-dictionary&source=bl&ots=UvHiAAXSeU&sig=WOTaAzARBlYueCyYMzb7lIzaGOI&hl=ca&ei=W0Q-Soe5GqW8jAfi4M0B&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=7}}</ref> Tamén hai indicios que indican un uso das poleas como invención cara ó ano 700 a.C.<ref>{{cita libro|apelidos=Forbes|nome=Robert James|título=Studies in ancient technology|url=http://books.google.cat/books?id=4Oi70BovgoQC&pg=PA36&lpg=PA36&dq=pulley+%22700+bC%22&source=bl&ots=EJQuPXfrY8&sig=C3Bh--2DtdegShvF3cwY5eDzQN4&hl=ca&ei=UUg-Su3XFMKTjAfora0a&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=4}}</ref>
 
No tocante á evidencia escrita do uso das poleas como ferramentas, coñécese que a formulación da teoría da polea é atribuída nalgunhas referencias a [[Arquitas de Tarento]]<ref name=Huffman>{{cita libro|apelidos=Huffman|nome=Carl A.|título=Archytas of Tarentum|páxinas=82|url=http://books.google.cat/books?id=2ietQ7tX8TEC&pg=PA82&lpg=PA82&dq=tarentum+pulley+archytas&source=bl&ots=0eZwzuMR_G&sig=0u6fhq-ebdCosccvqOHADWGrdl0&hl=ca&ei=pVg-SvLlDMjRjAfUyqkC&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1}}</ref>, non obstante, non se considera ó grego como autor da invención.
 
A explicación do principio da panca nas proposicións de [[Arquimedes]] causou unha forte impresión e difundiu a as aplicacións das máquinas simples. Un exemplo que puxo en práctica o propio Arquimedes pódese atopar no libro de [[Plutarco de Queronea]] chamado ''A vida de Marcelo'', escrito no ano [[75]]. Este libro, trata sobro o xeneral romano [[Marco Claudio Marcelo]], que tomou [[Siracusa]] durante a [[Segunda Guerra Púnica]] e que foi parcialmente responsábel do asasinato de Arquimedes, quen contribuíu enormemente á defensa da cidade construíndo enxeños militares para rexeitar os ataques. En certa parte do libro, cóntase como o rei [[Hierón II]] fixo encallar un barco da súa armada e reta a Arquimedes a movelo.<ref name=Gamow>{{cita libro|apelidos=Gamow|nome=George|título=The great physicists from Galileo to Einstein|ano=1961|editor=Dover|isbn=0-486-25767-3|editor=Dover}}</ref>
Así pois Plutarco escribiu:
: ''«Arquimedes, que era amigo e axudante do Rei Hierón (de Siracusa) escribiu ó rei que con calquera forza era posíbel mover calquera peso, ó quedar alentado, tal e como nos contaron, pola forza desta demostración, el declarou que se houbera outro mundo e se puidera desprazar alí, podería mover este. Hieró ficou sorprendido e pediulle que puxera a súa proposición en práctica para poderlle amosar o movemento dun gran peso cunha pequena forza. Arquimedes cargou un navío mercante da flota real, que fora levado á costa grazas ó esforzo de moitos homes e despois de cargar moitos pasaxeiros e materiais, e asentándose el mesmo a certa distancia, sen grande esforzo, só movendo un sistema de poleas compostas coa súa man e estirando os cables gradualmente, fixo que a nave se movese en liña recta, de forma tan suave e regular como se estivera no mar»''.
 
Aínda que o invento das poleas compostas se atribúe a Arquimedes, tamén se atopan descritan no texto ''Mec. Prob. 18'' de [[Aristóteles]]. Arquimedes, ademais, creou un dispositivo elevador,<ref>{{cita publicación periódica|título=Step savers for millions|revista=Popular mechanics|páxinas=116|url=http://books.google.cat/books?id=6tkDAAAAMBAJ&pg=PT4&dq=archimedes+elevator&hl=es&ei=N_8HTrqxKoa38QP4uP3vAg&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=9&ved=0CFgQ6AEwCA#v=onepage&q=archimedes%20elevator&f=false|dataacceso=9 de maio de 2013}}</ref> sendo o primeiro exemplo documentado de uso de poleas elevadoras.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
[[Categoría:Máquinas simples]]