Abrir o menú principal

Cambios

De en.wiki
{{Discográfica
|nome = Roadrunner Records
|imaxe = [[Imaxe:Roadrunner Records Logo.svg|250px]]
|lenda =
|nai = [[Warner Music Group]]
|fundado = [[1980]]
|fundador = Cees Wessels
|estado = activa
|distribuidoras = [[Atlantic Records Group]] (nos EEUU)<br>[[WEA International Inc.]] (fóra dos EEUU)
|xénero = [[heavy metal]], [[hard rock]], [[rock alternativo]], [[nu metal]], [[metal alternativo]], [[metalcore]], [[thrash metal]], [[groove metal]], [[música rock|rock]], [[metal extremo]], [[death metal]]
|orixe = {{NLD}}
|localización = [[Nova York]]
|web = [http://www.roadrunnerrecords.com/ roadrunnerrecords.com {{USAb}}]<br>[http://roadrunnerrecords.co.uk/ roadrunnerrecords.co.uk {{RUb}}]
}}

'''Roadrunner Records''' é un [[selo discográfico]] [[estadounidense]] fundado no ano [[1980]] e centrado principalmente en bandas de [[heavy metal]]. Trádase dunha etiqueta subsidiaria do [[Warner Music Group]] e ten a súa base na cidade de [[Nova York]].

== Historia ==
O selo creouno en [[1980]] Cees Wessels nos [[Países Baixos]]. O negocio inicial de Roadrunner era a importación a [[Europa]] de gravacións de bandas norteamericanas de [[heavy metal]]. No ano [[1986]] abriu a súas sede nos [[Estados Unidos]], en [[Nova York]], e posteriormente abriría oficinas no [[Reino Unido]], [[Francia]], [[Alemaña]], [[Xapón]], [[Australia]], [[Dinamarca]] e [[Canadá]]. Entre os seus primeiros éxitos están álbums de [[King Diamond]] (o primeiro artista de Roadrunner en entrar na lista ''[[Billboard 200]]'' de álbums) e [[Annihilator]]. O selo tamén traballou coas primeiras edicións de [[Metallica]] na rexión de [[Escandinavia]]. Ao fnal da década dos 80 lanzaron dous discos que agora son considerados clásicos nos seus respectivos xéneros: ''[[Slowly We Rot]]'' de [[Obituary]] e ''[[Beneath the Remains]]'' de [[Sepultura (grupo musical)|Sepultura]].

Nos 90 asinaron con artistas como [[Life of Agony]], [[Machine Head]], [[Suffocation]], [[Type O Negative]] e o grupo [[grunge]] [[Willard]]. A medida que avanaba a década, varias das bandas que traballaban con Roadrunner conseguiron entrar no ''mainstream'', destacando principalmente Sepultura e Type O Negative. O disco de [[1993]] ''[[Chaos A.D.]]'', convertiría a Sepultura na primeira banda de Roadrunner en acadar o ''top 40'' da lista de álbums da ''[[Billboard]]''. Type O Negative sería o primeiro grupo do selo en recibir unha certificaión da [[RIAA]]; este sería un disco de ouro (que posteriormente convertiríase en platino) polo seu álbum de 1993 ''[[Bloody Kisses]]''. A banda tamén sería a primeira de Roadrunner en aparecer na radio. No ano [[2000]], [[Slipknot]] conseguiría un disco de platino, sendo o primeiro para o selo. [[Nickelback]] tamén foi un grupo de éxito da etiqueta (aínda que tiña un contrato con outro selo no seu país, [[Canadá]]). Derek Shulman dirixiu Roadrunner Records a finais dos anos 90.

A comezos de [[2001]] os lanzamentos de Roadrunner comezaron a ser distribuídos polo [[Universal Music Group]]; o acordo de distribución xa expirou. O [[18 dedecembro]] do [[2006]] [[Warner Music Group]] asinou un acordo para mercar a meirande parte das accións (o 73,5%) da compañía nai de Roadrunner Records, Roadrunner Music Group B.V. Este acordo formalizouse o [[29 de xaneiro]] do [[2007]] tras recibir a aprvación en [[Alemaña]].

O [[11 de xuño]] do [[2008]], Roadrunner Records foi votado comoo "Mellor selo de metal" pola revista ''[[Metal Hammer]]'' nos seus Golden Gods Awards<ref>[http://www.blabbermouth.net/news.aspx?mode=Article&newsitemID=74753 Premios Metal Hammer]</ref>, un premio que gañou catro anos consecutivos dende entón. O galardón foi recollido por Sharon Den Adel e Ruud Jolie de [[Within Temptation]], unha das bandas máis grandes de Roadrunner.

Porén, Roadrunner tamén ten sido acusada de só estar interesada na música alternativa actual ou de moda, cousa que se reflexa nos artistas cos que ten contrato. O exemplo máis notable disto é o tratamento ás principais bandas de [[death metal|death]] e [[thrash metal]] do selo durante os 90, como [[Obituary]], [[Deicide]], [[Death]], [[Gorguts]] e [[Pestilence]], que foron expulsados ou deixaron a etiqueta despois de que non os tratasen ben. Un dos primeiros nomes do selo, [[King Diamond]] (que orixinamente asinara cando estaba en [[Mercyful Fate]], antes de iniciar a súa carreira en solitario), deixou Roadrunner alegando falta de promoción para o seu disco de [[1990]] ''[[The Eye]]''. [[Type O Negative]] deixou Roadrunner en [[2006]] tras unha disputa polo lanzamento dun recompilatorio por parte do selo, ''[[The Best of Type O Negative]]'', sen notificarllo previamente á banda, que acabaron por aceptar unha oferta de [[SPV Records]]. No ano [[2008]] [[Amanda Palmer]] foi informada polo selo de que querían reeditar o seu video de "Leeds United" para facer que ela aparecese máis delgada, provocando moitas caixas dos seareiros na internet. O [[6 de abril]] do [[2010]] Palmer anunciou a través da súa conta de [[Twitter]] que Roadrunner xa non contaba con ela<ref>[http://twitpic.com/1dnsb9 Chío de Amanda Palmer en Twitter anunciando a noticia]</ref>. As queixas máis recentes contra Roadrunner proceden dos artistas [[Megadeth]] e [[Jose Morales]]<ref>[http://www.metalunderground.com/news/details.cfm?newsid=50383 metalunderground.com - Megadeth Frontman Dave Mustaine Slams Roadrunner Records {{en}}]</ref>.

A Roadrunner Records afectoulle significativamente a disputa legal de Warner Music Group contra [[YouTube]], ao ter que pechar a súa conta no portal de videos. A meirande parte dos videos da súa canle, porén, aínda están dispoñibles para a súa visualización.

O [[11 de novembro]] do [[2010]] o Warner Music Group anunciou que adqurira o stock restante de Roadrunner. O selo continuará operando como unha marca distinta dentro do grupo e Cees Wessels, o seu fundador, segue sendo o seu CEO.

O [[26 de abril]] do [[2012]] deuse a coñecer que Warner Music Group faría importantes recortes nas operacións de Roadrunner Records<ref>[http://www.rocksins.com/2012/04/warner-music-closes-roadrunner-records-uk-offices-huge-cuts-elsewhere-14746/ rocksins.com - Warner Music closes Roadrunner Records UK offices, huge cuts elsewhere {{en}}]</ref>. As oficinas no [[Reino Unido]] e [[Canadá]] pecháronse completamente, afectando os recortes tamén en maior ou menor medida ao resto de oficinas. Tamén anunciouse que a oficina dos [[Países Baixos]] vai ser pechada e que Cees Wessels deixará o seu cargo<ref>[http://www.billboard.com/biz/articles/news/1097457/layoffs-at-roadrunner-records-founderceo-cees-wessels-stepping-down billboard.com - Layoffs at Roadrunner Records; Founder/CEO Cees Wessels Stepping Down {{en}}]</ref>.

== Notas ==
{{listaref}}

== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.roadrunnerrecords.com/ Páxina oficial estadounidense]
* [http://roadrunnerrecords.co.uk/ Páxina oficial británica]

[[Categoría:Discográficas]]
59.936

edicións