Nacións celtas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución automática de "Celtic_Nations1.svg" por "Map_of_Celtic_Nations-flag_shades.svg" segundo o ordenou Logan. Motivo: [[commons...
JaviP96 (conversa | contribucións)
m →‎Historia e características: imaxe de máis resolución
Liña 12:
Este concepto político-cultural derivou nos [[Século XIX|séculos XIX]] e [[Século XX|XX]], nun movemento reivindicativo e que ten a súa maior expresión naqueles pobos (conformados ou non como estados) que de xeito maioritario se autoproclaman [[celta]]s ou de [[identidade celta]] e que finalmente se recoñecen a si mesmos como nacións celtas, aludindo a que a súa filiación étnica-cultural repousa especialmente neste pobo/cultura, e que recibe o nome de "celticidade".
 
[[Ficheiro:Combined flag of the Celtic nations.jpgsvg|esquerda|miniatura|Bandeira intercéltica.]]
Os países considerados como "celtas" modernos, varían dependendo do punto de vista e do momento histórico. Así, nos inicios das primeiras reivindicacións celtas, no século XIX, eran cinco as nacións que de xeito maioritario se proclaman como celtas, sendo: [[Irlanda]], [[País de Gales]], [[Escocia]], [[Bretaña]] e [[Illa de Man]]. A partir de 1920, o ''Celtic congress'' tamén aceptará a entrada de [[Cornualles]], e deste xeito quedarían configuradas seis nacións. En [[Galiza]], desde o [[século XX]], e de xeito paralelo ao que se desenvolvía nas Illas británicas, tamén comeza un celtismo de base histórica, arqueolóxica, cultural despois e finalmente política. Con todo, a pesar dos esforzos de achegamento e das incipientes pontes que importantes galeguistas de comezos do [[século XX]] van tender cos homónimos irlandeses, bretóns e escoceses, o [[Sublevación do 18 de xullo de 1936|golpe de estado de 1936]], e a imposición dunha [[Franquismo|ditadura de base fascista]], acabará por rachar os contactos entre [[Galiza]] e os tradicionais países celtas, non chegando [[Galiza]] a pertencer formalmente ás recoñecidas sociedades celtistas do momento. Porén, Galiza atópase incluída en numerosos actos de expresión e reivindicación da cultura celta (como por exemplo o [[Festival intercéltico de Lorient]])<ref name=Festival/>, o que unido a consideracións de caracter histórico e cultural<ref>Guy Adams, [http://www.independent.co.uk/news/uk/this-britain/celts-descended-from-spanish-fishermen-study-finds-416727.html ''Celts descended from Spanish fishermen, study finds''], The Independent {{En}}.</ref><ref name=Legado/>, así como lingüístico xa que en [[Gallaecia]] falouse unha lingua celta<ref>[http://www4.uwm.edu/celtic/ekeltoi/volumes/vol6/6_16/lujan_6_16.pdf The Language(s) of the Callaeci], Eugenio R. Luján Martínez {{En}}.</ref> que desapareceu coa chegada dos romanos, fan que se tome en ocasións como unha máis das nacións celtas.