Hayao Miyazaki: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 36:
Dende que era novo soubo que se adicaría ó negocio do seu pai. Estudou [[economía|ciencias económicas]], pero na década dos sesenta comenzou a traballar en [[Toei]] co cargo de intercalador (encargado dos debuxos entre movementos). Co tempo converteuse no secretario en xefe do sindicato, onde coñeceu a [[Isao Takahata]], gran amigo que logo sería colega en [[Studio Ghibli]].
 
Miyazaki foi gañando máis responsabilidades nos seus primeiros anos de traballo, o que o leva a colaborar con [[Isao Takahata]] nos anime ''[[Heidi (anime)|Heidi]]'', e ''[[Marco (anime)|Marco]]'' para o estudio Zuiyô Enterprise. En [[1978]] dirixe a súa primeira serie ''[[Mirai Shōnen Konan]]'' e en [[1979]] o seu primeiro filme ''[[Rupan Sansei: Kariosutoro no Shiro]]'', única non considerada do [[Studio Ghibli]].
 
Despois de crear a película de ''Lupin'', Miyazaki foi desenrolando un anime no seu propio estudio. En [[1982]] o manga ''[[Kaze no Tani no Naushika]]'' (''Nausicaä do Val do Vento'') apareceu por primeira vez na revista ''Animage'' como froito dunha desas ideas. Este traballo da un forte pulo á súa carreira, ó mostrar un estilo diferente, pasando do [[cómic infantil]] ó imperante na época.