Diferenzas entre revisións de «Cenáculo ourensán»

m (→‎Historia do grupo: Galeguismo (lingüística) e quito foto por non esistir)
O cenáculo ourensán supón a fase anterior ao [[Galeguismo (lingüística)|galeguismo]] dos escritores citados. De feito, no caso particular de [[Vicente Risco]], este pregaleguismo pode considerarse como antigaleguismo, posto que chegou a afirmar (na súa revista ''La Centuria'', [[1917]]) que "el que quiera ser leído que escriba en castellano". De todos os xeitos, unha vez convertido á causa galega, [[Vicente Risco|Risco]] asumíu o compromiso pleno coa lingua galega.
 
Por outra parte, como precisamente indica [[Vicente Risco]] no seu ensaio ''Nós, Os inaptadatados'', o cenáculo ourensán estaba constituído por un conxunto dandies, intelectuais pregaleguistas e de clase acomodada, que vivían alienados, á marxe dos problemas do mundo en que se achaban (vivían na súa "torre de marfil"). Entre as súas principais preocupacións estaban o exoterismo, a filosofía oriental e filosofía nietzchiana. Isto motivounos para viaxar e coñecer outras culturas, sobre todo no relativo ao escurantismoocultismo. Este gusto polo alén pode verse reflectido na obra destes autores, como podemos apreciar, por exemplo, n´''O Purgatorio de Don Ramiro'' , ''O Desengano do Priorio'' (ambas as dúas de [[Ramón Otero Pedrayo]]) ou ''Do Caso que lle Aconteceu ao Doutor Alveiros'' (de [[Vicente Risco]]).
 
Finalmente, todo o arriba dito e mais o proceso de galeguización destes homes aparece xenialmente retratado en ''Arredor de Si'', de [[Ramón Otero Pedrayo]].
Usuario anónimo