Torre de Londres: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 66 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q62378
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 13:
[[Ficheiro:Tower Of London - White Tower March 2006.jpg|miniatura|300px|Exteriores da Torre Branca de Londres.]]
 
No [[século XIII]] estableceuse na Torre unha [[casa de feras]], probablemente nos inicios de [[1204]] durante o reinado de [[Xoán sen Terra|Xoán I]] e, posiblemente, con animais procedentes dunha antiga casa de feras establecida en [[1125]] polo rei [[Henrique I de Inglaterra|Henrique I]] no seu palacio preto de [[Woodstock, Oxfordshire|Woodstock]]. A colección de animais abriuse algunhas veces ao público durante o reinado de [[Isabel I de Inglaterra|Isabel I]]. En [[1804]] a colección abriuse ao público de xeito regular. Aquí foi onde o poeta [[William Blake]] viu ao tigre que inspirou o seu poema. Os animais trasladáronse ao novo [[zoolóxico]] de Londres en [[1828]]. Aínda se conserva unha porta co nome de ''porta do león'' en honra aos animais que un día residiron na Torre.
 
A maioría dos criminais comúns eran executados en sitios públicos fóra da Torre; execucións que tamén se fixeron públicas con algunhas personalidades de clase alta como Tomás Moro. Con todo, os nobres e, sobre todo, as mulleres, eran executados de forma privada na Torre Verde, no interior do complexo, e soterrados na ''Capela Real de San Pedro ad Vincula''. Algúns dos nobres executados no exterior da Torre están soterrados tamén nesta capela.
Liña 30:
A lenda di que pódese ver a Ana Bolena, executada por traizón ao rei [[Henrique VIII]], pasear pola Torre coa súa cabeza debaixo do brazo.
 
O uso militar da Torre como fortificación volveuse obsoleta coa introdución da artillería. Con todo, a Torre serviu como cuartel xeral do departamento de armamento británico ata [[1855]]. Durante a [[Primeira Guerra Mundial]] once espías [[Alemaña|alemáns]] estiveron prisioneiros na Torre. En [[1941]] o axudante de [[Adolf Hitler|Hitler]], [[Rudolf Hess]], permaneceu encarcerado na Torre durante catro días.
 
== Descrición ==