Federico Blume: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q5581727 |
|||
Liña 21:
===Minas hidrostáticas===
A captúra do buque ''Huáscar'' no combate de [[Angamos]] (1879), ao norte de [[Antofagasta, Chile|Antofagasta]], e a perda doutras unidades da Armada peruana, forzou a Perú a pasar á defensiva e para combater á Armada chilena procedeuse ao uso das '''[[mina-arma|minas]]''' e outros artefactos explosivos como armas ofensivas. Don Federico Blume contou co eficaz asesoramento do oficial peruano don Bernabé Carrasco, así como doutros oficiais e civís peruanos, como o señor Cadros, para deseñar minas e outros artefactos moi sutís e eficaces cos que os peruanos lograron destruír unidades da Mariña de Guerra de Chile, como o Loa e a corveta ''Covadonga'', e tamén foron equipadas lanchas torpedeiras con torpedos adquiridos en Inglaterra.
A [[mina-arma|mina]] que máis nos interesa é a '''hidrostática''', que consistía en dúas envases de forma cilíndrica cargados con dinamita e articulados por dúas balanciñas o suficientemente arqueados como para poder axustarse á curvatura das pranchas do pantoque dos buques daquela época. Un dispositivo eléctrico, activado con baterías, detonaba as cargas ás que estaba unido mediante cables. A mina adheríase temporalmente ao casco do buque debido á propia flotabilidade que se lle daba. Desta forma poida que segundo fontes, pouco credibles, sexa unha maís das hipotéses, que esta clase de mina deseñada por Blume fose a que se empregou para afundir ao acoirazando ''[[USS Maine|Maine]]''.
|