María Luz Morales: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q951382
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 5:
 
==Traxectoria==
Malia nacer na Coruña, toda a súa vida profesional transcorreu en [[Barcelona]], onde se trasladou coa súa familia sendo aínda unha nena. Tras diplomarse en [[Filosofía y Letras]], en [[1924]] incorporouse a ''[[La Vanguardia]]'', na sección de [[cinematografía]]. Nesa época, na que asinaba os seus artigos co [[pseudónimo]] de Felipe Centeno (baseado nun personaxe de [[Benito Pérez Galdós]]), a produtora [[Paramount Pictures]] interesouse no seu traballo, e tras unha entrevista con ela (da que descoñecían que fose unha muller) foi contratada pola produtora [[EUA|estadounidense]] como responsable da asesoría literaria das súas películas, e, coa chegada do [[cine sonoro]], das tarefas de tradución e adaptación dos diálogos[http://www.elpais.com/articulo/cultura/ESPAnA/SEGUNDA_REPuBLICA_ESPAnOLA/Maria/Luz/Morales/escritora/esperanza/utopia/elpepicul/19800926elpepicul_11/Tes/ "María Luz Morales, escritora, entre la esperanza y la utopía"] artigo en ''[[El País]]'', 26 de setembro de 1980 {{es}}.</ref>. Compaxinou tamén estas ocupacións cunha colaboración semanal co xornal ''[[El Sol (1917)|El Sol]]'', mentres, paralelamente, levaba a cabo unha intensa actividade literaria, cultivando a [[literatura infantil]] con adaptacións de obras mestras da literatura, publicadas baixo a editorial que dirixía, Ediciones Araluce. Algunhas desas adaptacións, de obras de autores coma [[Homero]], [[Esquilo]], [[Sófocles]], [[Dante]], [[Shakespeare]], [[Goethe]], [[Miguel de Cervantes|Cervantes]] ou [[Tirso de Molina]], seguen a editarse na actualidade en España e [[Hispanoamérica]].
 
A partir de [[1933]] cambiou a súa predilección cinematográfica polo [[teatro]], a súa gran paixón, o que a levou a escribir, en colaboración con [[Elisabeth Mulder]], a obra ''[[Romance de media noche]]''.