Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 213.60.163.202 (conversa); cambiado á última versión feita por Lameiro
Sen resumo de edición
Liña 16:
|descrición4 = Son do artigo Galicia, parte 4 de 4 da versión do 5 de marzo de 2012 ás 01:19, duración: 17:29, tamaño: 12,28 MB.
}}
'''G
'''Galicia'''<ref>Galicia constitúe o único topónimo oficial: [http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/06/08/0003_6886803.htm La Voz de Galicia], 8 de xuño de 2008. Segundo as [[Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego]]: "Teñen terminación -cia, entre outros, acacia, ..., etc. Entre estas palabras está Galicia, voz lexítima galega, denominación oficial do país e maioritaria na expresión oral e escrita moderna. Galiza é tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo. NOMIG 20º edición ISBN 84-87987-51-6 Páxina 56.</ref> ou '''Galiza'''<ref>O termo [[Galiza]], segundo as [[Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego]] da Real Academia Galega do ano 2003, acéptase para referírmonos á Comunidade Autónoma de Galicia (mantendo esta última como forma recomendada), xa que a pesar do estabelecido nas NOMIG, que xunto co [[VOLG]] son os únicos textos con carácter normativo para a lingua galega (Ver lei de normalización lingüística), sobre o carácter equivalente dos termos Galicia e Galiza, o Estatuto de Autonomía, di, no seu '''Artigo 1.''' ''1. Galicia, nacionalidade histórica, constitúese en Comunidade Autónoma''...polo que este é o nome oficial da comunidade autónoma.</ref> é unha [[nación]]<ref>Segundo o Dicionario da [[Real Academia Galega]]: "'''nación''' ''s.f.'' Comunidade humana, instalada nun territorio definido, que pode estar ou non politicamente organizada como estado, e que se caracteriza por ter unhas tradicións históricas e culturais comúns, os mesmos intereses económicos e unha unidade lingüística ou relixiosa. A nación de Breogán. Sociedade de nacións. CF. país, pobo, terra."<br />
No [http://www.digalego.com/diccionario/html/index.php?op=ver&id=44628&buscado=NACI%D3N&opcion=entrada Dicionario de galego Digalego.com], [[Ir Indo]]. "'''Nación''' ([[lingua latina|lat.]] ''natione''). s.f. Comunidade de individuos aos que uns vínculos determinados, basicamente culturais, económicos e unha historia común, lles dan unha fisionomía propia, diferenciada, e unha vontade de organización e proxección autónoma que os leva a querer dotarse de institucións propias, ata que se constitúa o estado."</ref> recoñecida internacionalmente en [[1933]]<ref>{{cita libro| autor =RÍOS, X.| título = Galicia e a sociedade das nacións| ano =2010| publicación =Editorial Galaxia S.A.| id = }}</ref> e establecida xurídica e administrativamente desde 1978 como [[Comunidade Autónoma]] segundo a [[Constitución española de 1978|Constitución española]] e con estatuto de [[nacionalidade histórica]] no seu [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981|Estatuto de Autonomía]], dentro do [[España|Reino de España]] e a [[Comunidade Europea]]. O seu territorio está situado no extremo noroeste da [[Península Ibérica]] e linda, ao leste, coas [[Comunidade Autónoma|comunidades autónomas]] de [[Asturias]] e [[Castela e León]], ao oeste co [[Océano Atlántico]], ao norte co [[Mar Cantábrico]] e ao sur coa [[Portugal|República de Portugal]].
 
Ten como lingua propia o [[Lingua galega|galego]], similar e de orixe común co [[Lingua portuguesa|portugués]], e comparte oficialidade co [[Lingua castelá|castelán]], que é oficial en toda [[España]].
 
Galicia posúe 2.778.913 habitantes ([[2012]]), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre [[Ferrol]] e [[Vigo]]. [[Santiago de Compostela]] é a capital cun estatuto especial, dentro da [[provincia da Coruña]]. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: [[Vigo]], [[A Coruña]], [[Ourense]], [[Lugo]], [[Santiago de Compostela]], [[Pontevedra]] e [[Ferrol]].
 
== Etimoloxía ==
Os nomes "Galiza" e "Galicia" derivan da palabra [[latín|latina]] ''Gallaecia'' (ou ''Callaecia''), que significaba literalmente "terra dos [[galaicos]]". Os [[galaicos]] (en [[latín]]: ''Gallaeci'', en [[Grego antigo|grego]]: Καλλαϊκοί) foron o pobo máis numeroso do noroeste da [[Península Ibérica]] xa antes da súa integración ao [[Imperio Romano]] no século I a.C, aínda que algúns autores consideran que en orixe o termo "galaico" era empregado para denominar unha pequena tribo ao norte do [[río Douro]]; sexa como for, este nome acabou por denominar todo un grupo étnico de [[lingua celta]] e culturalmente homoxéneo, situado entre o [[mar Cantábrico]] e o [[río Douro]]<ref>[http://books.google.com/books?id=tbha9yv5kJ0C&pg=PA17&dq=Los+celtas:+la+Europa+del+hierro+y+la+Pen%C3%ADnsula+Ib%C3%A9ric&hl=en&ei=TcAlTMLTNpWTjAeykvx2&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CCgQ6AEwAA#v=onepage&q&f=false Los celtas: la Europa del hierro y la Península Ibérica. Pedro Damián Cano Borrego. p118]</ref>.
 
A primeira referencia histórica dos galaicos, remóntase ao ano 136 a.C, cando o xeneral [[República romana|romano]] [[Décimo Xunio Bruto Galaico]] regresa a [[Roma]] -despois da súa vitoriosa campaña bélica contra dous pobos previamente descoñecidos, [[Lusitania (provincia)|lusitanos]] e [[galaicos]]- recibindo do propio [[Senado romano]] o título de ''Gallaecus'' ou "galaico" en honor á dura expedición militar contra estes<ref>[http://books.google.com/books?id=ytLiqFszmKQC&pg=PA150&dq=136+Bruto,+Galaico,+galaicos&hl=en&ei=l8AlTMjcF5CRjAfe-71q&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=5&ved=0CDoQ6AEwBA#v=onepage&q=136%20Bruto%2C%20Galaico%2C%20galaicos&f=false Nuevos Estudios sobre la Romanización. José María Blázquez. p150]</ref>. Tras estes primeiros contactos, o mundo greco-latino vai denominar o seu país como ''Gallaecia'', tal e como fixeron [[Estrabón]], [[Plinio o Vello|Plinio]] e [[Apiano]], entre outros. Será este nome ''Gallaecia'' a que irá evolucionando durante máis de 13 séculos, e que acabará por adoptar as formas "Galiza" e "Galicia".
 
Máis controvertido é, non obstante, o significado orixinario do termo ''Gallaicus'' (galaico) e consecuentemente de ''Gallaecia''. O primeiro autor que teorizou sobre isto foi [[Isidoro de Sevilla]], quen no [[século VII]] explicaba que o nome "galaico" aludía á pel branca como o leite que tiñan os seus habitantes, de xeito similar aos habitantes da [[Galia]]<ref>[http://books.google.com/books?id=FBZpAAAAMAAJ&q=%22quod+generat+homines+lacteos%22&dq=%22quod+generat+homines+lacteos%22&hl=en&ei=wsElTLTpCtaSjAeC7rWHAQ&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CCcQ6AEwAA ''De preconiis Hispanie''. Joannes Aegidius. Universidad de Madrid. 1955. p229]</ref>. Serán moitos autores posteriores os que tenten buscar o significado deste nome, tales como [[Afonso X o Sabio]], Ramón Barros Sivelo ou [[Manuel Murguía|Murguía]], mais hoxe tende a relacionarse con étimos das [[linguas celtas]], e [[linguas indoeuropeas|indoeuropeas]] en xeral, de maneira que o significado exacto da palabra é, a día de hoxe, descoñecido.
 
== Símbolos de Galicia ==
==== Bandeira de Galicia ====
{{Artigo principal|Bandeira de Galicia}}
{|style="background:snow"
|- style="vertical-align: top;"
|
Se ben durante séculos, a antiga bandeira galega foi de fondo azul con cruces douradas, e un gran copón no centro ao xeito do escudo, a actual bandeira galega foi creada a finais do [[século XIX]] polos galeguistas históricos do [[Rexurdimento]], como insignia nacional<ref>[http://consellodacultura.org/wp-content/blogs.dir/2/2007/12/simbolos_de_galicia.pdf Os Símbolos de Galicia] pp88-89</ref>, ondeando desde polo menos o ano [[1891]]. Ten fondo [[branco]] e presenta unha franxa [[azul]] dende o ángulo superior esquerdo ata o inferior dereito.
|
[[Ficheiro:Flag of Galicia.svg|dereita|220px]]
|}
 
==== Escudo de Galicia ====
{{Artigo principal|Escudo de Galicia}}
 
O cáliz, figura heráldica que representa a Galicia, foi documentado por vez primeira no escudo dos [[lista de monarcas de Galicia|reis de Galicia]] (''roys de Galyce'') do Armorial Segar de [[Inglaterra]] no ano [[1282]]. Ten experimentado diferentes cambios ao longo do tempo, o actual escudo de Galicia é descrito no artigo número 3 da Lei de Símbolos de Galicia:
{| style="background:snow"
|- style="vertical-align: top;"
|
[[Ficheiro:Escudo de Galicia.svg|esquerda]]
</td><td valign=top>
{{cita|O escudo de Galicia trae, en campo de azur, un cáliz de ouro sumado dunha hostia de prata, e acompañado de sete cruces recortadas do mesmo metal, tres a cada lado e unha no centro do xefe. O timbre, coroa real, cerrada, que é un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de pérolas, e das súas follas saen cadansúas diademas sumadas de perlas, que converxen nun mundo de azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro. A coroa, forrada de [[vermello|goles]] ou vermello<ref>[http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/BibliotecaLeisdeGalicia/Lei5_1984.pdf Lei 5/1984, do 29 de maio, de Símbolos de Galicia.]</ref>.}}
|}