Venecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q641
Liña 39:
{{VT|República de Venecia}}
=== Orixes ===
Aínda que non haxa ningún rexistro histórico que lide directamente coas orixes de Venecia, os elementos dispoñíbeisdispoñíbles fixeron que varios historiadores concordasen coa teoría de que a poboación orixinal de Venecia era formada por refuxiados de cidades romanas como [[Padua]], Aquileia, Altino e Concordia (moderna Portogruaro), que fuxían das sucesivas invasións [[pobo xermánico|xermánicas]] e [[hunos|hunas]] á [[Península Itálica]] no [[século V]]. Máis tarde, algunhas fontes históricas romanas revelaron a existencia de pescadores nas illas da [[lagoa de Venecia]]. Foron referidos como ''incola lacunae'' (habitantes da lagoa).
 
Comezando en [[166]]-[[168]], os [[Quadi|cuados]] e os [[marcomanos]] destruíron a actual Oderzo (vila preto de Venecia). As defensas romanas foron derrubadas no inicio do [[século V]] polos [[visigodos]] e, preto de cincuenta anos despois, polos [[hunos]] liderados por [[Atila]]. De máis longa duración foi a invasión dos [[longobardos]] en [[568]]. Ao leste, o [[Imperio Bizantino]] estaba estabelecendo dominios na rexión do actual [[Véneto]] e as principais entidades administrativas e relixiosas do imperio na Península Itálica foron trasladadas para este. Foron construídos novos portos, incluíndo Malamocco e Torcello na lagoa de Venecia.