Cuzco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sawasiray, Saksaywaman
JaviP96 (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 2988530 de 93.221.22.173 (conversa); non referenciado
Liña 37:
==Historia==
===Fundación e época inca===
Dúas lendas incas atribúen a fundación de Cuzco ó seu primeiro xefe de estado, unha personaxe chamada Manco Cápac, xunto á súa irmá e consorte Mama UqlluOcllo. Nas dúas lendas dise que o lugar foille revelado polo deus [[sol]] (Inti) ós fundadores despois dunha peregrinaxe iniciada ó sur do Val Sagrado dos Incas.
[[Ficheiro:Sacsayhuaman-c04.jpg|260px|miniatura|esquerda|Ruínas incaicas na cidade.]]
Segundo os datos arqueolóxicos e antropolóxicos que foron estudando o verdadeiro proceso de ocupación de Cuzco, sinálase que, por mor da caída do reino de Tiahuanaco, houbo unha migración dese pobo. Ese grupo duns 500 individuos teríase establecido no val do río WatanayHuatanay, o cal levaría á fundación de Cuzco. A data exacta é descoñecida, mais os vestixios atopados polos investigadores indican que a cidade xa estaba habitada hai uns 3000 anos, o cal sinalaría que Cuzco é a cidade habitada mais antiga de toda [[América]].
 
Algunhas crónicas antigas, como a de Pedro Sarmiento de Gamboa, afirman a existencia de grupos étnicos no val de Cuzco antes do xurdimento do Imperio Inca. Dito autor menciona ós Guallas, ós SawasiraySahuasiray e ós Antasayas como os poboadores mais antigos; en tanto que os Alcavizas, Copalimaytas e Culunchimas son considerados moradores mais recentes. Tamén sabemos que os Ayarmacas habitaban na rexión, sendo os únicos que non foron dobregados polos Incas, converténdose nos seus principais rivais no dominio da comarca.
 
Cuzco foi a capital e sede do goberno do Reino dos Incas e tamén despois cando comezou a época imperial, converténdose na cidade mais importante dos [[Andes]] e de [[Sudamérica]]. Este centralismo deulle pulo á cidade e converteuse no principal centro cultural e relixioso.
Liña 47:
Atribúeselle ó gobernante Pachacútec o ter feito de Cuzco un centro espiritual e político. Pachacútec chegou ó poder en [[1438]]. Él e mais o seu fillo Túpac Yupanqui adicaron cinco décadas á organización e conciliación dos diversos grupos tribais baixo o seu dominio, entre eles os Lupaca e os Colla. Durante o período de Pachacútec e Túpac Yupanqui, o dominio de Cuzco chegou ata [[Quito]] ó norte, e ata o río Maule ó sur, integrando culturalmente ós habitantes de 4.500 km de cadeas montañosas.
 
Créese tamén que o deseño orixinal da cidade foi obra de Pachacútec. A forma do Cuzco antigo ten forma de [[puma]], coa praza central ''Haucaypata'' no lugar que ocuparía o peito do animal. A cabeza do felino estaría no outeiro onde está a fortaleza de SaksaywamanSacsayhuamán.
 
Os incas artellaron a súa división administrativa de xeito que os límites das catro rexións do imperio coincidisen na praza principal de Cuzco.