Diferenzas entre revisións de «Revolución Francesa de 1848»

sen resumo de edición
m (Bot: Retiro 26 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q622774)
A '''Revolución de 1848''' puxo fin á [[monarquía]] xurdida da [[Revolución de 1830]], a cal foi substituída pola [[Segunda República Francesa]] (1848-1852) coñecida como a [[república]] social e democrática que estableceu o sufraxio universal masculino e aboliu a escravitude.
 
A revolución de 1848 é diferente as de [[Revolución de 1820|1820]] e [[Revolución de 1830|1830]] debido a que nesta irrumpe o movemento obreiro, deixando de lado a ideoloxía burguesa que había desencadeado as anteriores.
== Contexto ==
==Causas==
Como os liberais carecían de sentido social, non promulgaron ningún tipo de lexislación a favor dos obreiros, xurdindo desde modo as [[Internacional Obreira|Internacionais]], é dicir, xa hai socialismo con algún compoñente de [[marxismo]].
 
==A revolución en Francia==
Ata [[1848]] os traballadores tan só apareceran politicamente como acompañantes do movemento burgués pero os obreiros eran cada volta máis numerosos nas grandes cidades e pouco a pouco foron tomando conciencia da súa propia clase e na revolución que estopou en [[Francia]] en 1848 van xogar un papel importante.
As orixes da Revolución de 1848 teñen as súas orixes en [[Francia]] onde reinaba [[Luís Filipe de Orleans]]. Alí mantiñase o sufraxio censatario e os burgueses querían ampliar a participación. Os opositores ao rei comezaron a manifestarse de xeito ordenado, organizando banquetes e protestas en contra do goberno. Acudiron aos movementos obreiros e en moi poucos días [[París]] quedou cheo de barricadas coma en tempos da [[Revolución Francesa]]. Coas rúas ocupadas, os obreiros chegaron incluso a asaltar o [[palacio das Tullerías]], no que residía o rei, quen tivo que exiliarse en [[Inglaterra]] para non regresar xamais a [[Francia]]. Deste xeito proclámase a [[Segunda República Francesa]].
 
Por primeira vez na historia de Francia, os [[socialismo|socialistas]] entran no goberno do país, destacando a [[Louis Blanc]], ademáis disto, algún membro do movemento obreiro chega a ministro.
== Orixe ==
 
A orixe da Revolución de 1848 está no desenlace da revolución de 1830 que deixou satisfeita á alta burguesía pero non á clase media que aspiraba ao sufraxio universal e aos traballadores que non se beneficiaran de ningunha maneira. Ademais no transcurso do reinado de [[Luís Filipe]] as liberdades políticas fóronse recortando e permmitiuse unha gran corrupción política. Agravándose a situación a partir de 1845 a causa dunha crise económica que afectou a toda [[Europa]], nun principio de cariz agrícola acabou por afectar á industria, pechando fábricas.
Porén, con todos estes cambios, as masas obreiras non regresaban aos seus barrios. Os socialistas convocan unha manifestación para o [[20 de abril]] nos [[Campos Elíseos]] na que exixen ao goberno a creación duns talleres para dar traballo aos obreiros en paro. Nestes talleres empregaronse 120.000 obreiros, pero debido as perdas que suponían para o estado acabaron por desaparecer.
 
Nese mes de abril celebraronse eleccións co seguinte resultado:
* Monárquicos (400)
* Republicanos (300)
* Socialistas (100)
 
Os resultados das eleccións deixan ver de novo, que a revolución de París non é a mesma que se vive no resto de Francia. Formase un goberno moderado no que estaban presentes todas as forzas. Os obreiros non o aceptan, convocando de novo manifestacións, eleccións e asaltando o Parlamento. O goberno ten que acudir ao exército para que restableza o orde, e baixo as ordes do xeral [[Cavaignac]] devolve aos obreiros aos seus barrios.
 
Coa actuación do exército finalizan as manifestacións e a revolución retrocede. O goberno comeza a redactar a nova constitución repúblicana e presidencialista. No mes de decembro, volven a celebrarse eleccións saíndo destas un resultado totalmente inesperado.
* [[Napoleón III de Francia|Luís Napoleón Bonaparte]]: 5.000.000 de votos
* Raspail (socialista): 37.000 votos
* Cavaignac: 1.500.000 votos
 
Napoleón chega a presidencia da República e firma os seus documentos como o "Príncipe Presidente". Un ano máis tarde consulta aos franceses se queren que Francia volva a ser un imperio, gañando o sí. Deste xeito nace o [[Segundo Imperio Francés]], e Luís Napoleón pasaba a ser [[Napoleón III de Francia]].
 
== Revolución ==
O [[21 de febreiro]] de [[1848]] realizouse en [[París]] unha gran manifestación na que participaron obreiros, estudantes e membros da clase media. Pese ás ordes recibidas a policía negouse a disparar e Luís Filipe viuse na obriga de abicar dous días despois proclamándose a República, no goberno provisorio que se constituíu formaban parte obreiros por vez primeira na historia debido á alianza entre a clase media e a traballadora. Supuxo o triunfo do estado democrático fronte ao estado liberal. Nos meses seguintes a revolución extendeuse por outras cidades europeas. Pero a alianza entre as clases medias e os traballadores durou pouco xa que estes procuraban fondas reformas sociais que a clase media non estaba disposta a conceder.
 
[[Categoría:Revolucións]]