Cama: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 72 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q42177
→‎Historia: algo máis desde a wiki .es
Liña 51:
 
Segundo algúns historiadores, os [[Grecia|gregos]] foron os primeiros que colocaron unha especie de cabeceiro, máis ou menos elevado, sobre o armazón da cama constituída por catro paus ensamblados, os cales compuñan as montaxes que sostiñan a cama propiamente dita.
 
Os [[Persia|persas]], antes que os [[Grecia|gregos]], tiñan as súas camas con [[baldaquino]]s e cubríana con moitos tapices. Os baldaquinos adornábanos con bordados, metais preciosos ([[ouro]] e [[prata]]), [[marfil]] e [[perla]]s.
 
As camas dos exipcios tiñan os pés en forma de patas de animais figurando, na súa cabeceira, a cabeza destes. As dos [[Grecia|gregos]] e [[Imperio romano|romanos]] levaban, normalmente, pés torneados e rectos, e unhas e outras adornábanse con incrustacións preciosas. Durante os primeiros séculos da Idade Media, a cama tivo una estrutura moi sinxela en Occidente, sempre rectangular e con pés rectos. Pero non faltaron exemplares nos que os pés eran a modo de columnas torneadas e esculpidas e máis altas có propio leito, terminando, por riba, en pomo. Chegado o [[século XIII]], volveu pórse en uso a ornamentación de toda a cama con pinturas, relevos, incrustacións e cabeceira elevada, se se trataba de camas señoriais, e así mantívose ata os nosos días coas variantes propias dos estilos de cada moda.