John Frusciante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Básico de en.wiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de maio de 2013 ás 08:54

John Anthony Frusciante, nado o 5 de marzo de 1970 en Nova York, é un guitarrista, cantante, compositor e produtor estadounidense. É coñecido por ser o antigo guitarrista da banda Red Hot Chili Peppers, coa cal gravou cinco álbums de estudio. Frusciante ten unha activa carreira en solitario, tendo editados dez álbums co seu nome, ademais de dous co actual guitarrista dos Chili Peppers Josh Klinghoffer e Joe Lally, co nome de Ataxia. As súas gravacións en solitario incluen elementos que van do [rock experimental]] e a música ambient ata o New Wave e a música electrónica. Influenciado por guitarristas de varios xéneros, Frusciante fai fincapé na melodía e na emoción no seu estilo de tocar, e prefire as guitarras vintage e as técnicas de gravación analóxicas.

John Frusciante
Nome completoJohn Anthony Frusciante
Data nacemento5 de marzo de 1970 (53 anos)
Nado enNova York
Ocupaciónguitarrista e produtor musical
Instrumento(s)guitarra, voces
Relacionado conRed Hot Chili Peppers
Tempo en activo1988 - actualidade
PseudónimoTrickfinger
Na rede
http://www.johnfrusciante.com
IMDB: nm0996889 Facebook: Johnfrusciante Twitter: johnfrusciante MySpace: johnfrusciantemusic Bandcamp: jfdirectlyfromjfSouncloud: johnfrusciante-music Spotify: 7rN3Agir6FaZNfhf5V7mfN Last fm: John+Frusciante Musicbrainz: f1571db1-c672-4a54-a2cf-aaa329f26f0b Songkick: 379329 Discogs: 79827 Allmusic: mn0000223627 Deezer: 1200 Genius: John-frusciante Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Frusciante uníuse a Red Hot Chili Peppers aos 18 anos de idade, e apareceu por vez primeira coa banda no seu álbum de 1989 Mother's Milk. O seguinte disco da banda, Blood Sugar Sex Magik (1991), sería o que os lanzou ao éxito. Porén, a nova popularidade dos Red Hot sobrepasouno e deixou o grupo en 1992. Recluíuse e entrou nun longo período de adicción ás drogas, durante o cal publicou as súas primeiras gravacións: Niandra Lades and Usually Just a T-Shirt (1994) e Smile from the Streets You Hold (1997). En 1998 rehabilitouse e reuníuse con Red Hot Chili Peppers para o álbum Californication (1999). O seu traballo To Record Only Water for Ten Days foi publivado en 2001. Nunha etapa creativa, Frusciante editou seis álbums en solitario no ano 2004; cada un deles explorando diferentes técnicas de gravación e xéneros. No 2009 Frusciante publicou The Empyrean e separouse novamente de Red Hot Chili Peppers. Frusciante ten producido ou gravado con artistas como Wu-Tang Clan, The Mars Volta ou George Clinton entre outros.

Frusciante ten recibido o recoñecemento da crítica pola súa forma de tocar a guitarra, acadando o posto 18 na lista da Rolling Stone dos "100 mellores guitarristas de todos os tempos" en 2003[1], e foi votado o mellor guitarrista dos últimos 30 anosnunha enquisa do ano 2010 da BBC chamada "The Axe Factor"[2].

Notas