Gallaecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 15 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q369692
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Galicia (homónimos)}}
{{Historia Galega}}
A '''Gallaecia''' foi unha [[provincia romana]] do noroeste da [[Península Ibérica]] que abranguía o que hoxe é a comunidade autónoma de [[Galicia]], o norte de [[Portugal]] e as provincias [[España|españolas]] de [[Asturias]], [[provincia de León|León]] e [[provincia de Zamora|Zamora]]. As súas capitais estaba en [[Bracara Augusta]] ([[Braga]]), [[Lucus Augusti]] ([[Lugo]]) e [[Asturica Augusta]] ([[Astorga]]).
 
== Orixe ==
Liña 48:
Entre os anos [[284]] e [[305]],o emperador [[Diocleciano]] acometeu a reorganización administra do [[Imperio Romano|Imperio]]. Na [[Península Ibérica]] créanse dúas novas provincias (Gallaecia e [[Cartaxinense]]) a partir das xa existentes; ''Baetica'', ''Tarraconensis'' e ''Lusitania''. Así, a nova provincia baixo o nome de ''Gallaecia'' ocupou o extremo nor-occidental da [[Península Ibérica]] que anteriormente pertencera á Tarraconsis, estivo formada polos territorios da rexión de ''Asturia'' e da propia ''Gallaecia''.
 
A administración interna da provincia estaba marca polos [[Conventus iuridicus|conventos xurídicos]] (''Conventus iuridicus'') amplos territorios adscritos a unha capital, da que recibían o nome e onde se centralizaban as funcións administrativas propias como as militares, fiscais, financeiras, relixiosas e xudiciais. Deste xeito, a provincia romana de ''Gallaecia'', atopábase dividida en tres conventos xurídicos, o ''[[Conventus lucensis]]'' con capital na cidade de ''[[Lucus Augusti|Lucus]]'' ([[Lugo]]), o ''[[Conventus bracarensis]]'' con capital na cidade de ''[[Bracara Augusta|Bracara]]'' ([[Braga]]) e o ''[[Conventus asturicensis]]'' con capital na cidade de ''[[Asturica Augusta|Asturica]]'' ([[Astorga]]). Cabe destacar que entre todas estas capitais de convento ([[Lugo]], [[Braga]], [[Astorga]]) era a cidade de ''[[Braga|Bracara]]'' ([[Braga]]) a que exercía de capital provincial de toda a ''Gallaecia''. Organización administrativa da Gallaecia a comezos do [[século IV]]:
 
* O '''[[Conventus bracarensis]]''', con capital en [[Bracara Augusta]] ([[Braga]].
* O '''[[Conventus lucensis]]''', con capital en [[Lucus Augusti]] ([[Lugo]]).
* O '''[[Conventus asturicensis]]''', con capital en [[Asturica Augusta]] ([[Astorga]]).