Embraer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m Ampío de es.wiki
Beninho (conversa | contribucións)
m Ampío de es.wiki
Liña 31:
 
O primeiro paso para o desenvolvemento da industria aeronáutica brasileira estaba na creación do IPD (Instituto de Pesquisas e Desenvolvimento), actual IAE (Instituto Aeronáutico e Espacial) e fundado dentro do CTA o [[1 de xaneiro]] de [[1954]]. Nos anos seguintes, o IPD desenvolveu varios proxectos, tales como o helicóptero Beija-Flor. Aínda que estes non tiveron repercusión comercial, foron vitais para o avance da industria aeronáutica do país.
 
O cambio máis importante tivo lugar o [[29 de marzo]] de [[1965]], cando o IPD recibiu unha proposta para deseñar un biplano [[turbohélice]]. O proxecto adquiriu unha escala maior e acabou convirténdose no IPD-6504, ou [[Embraer EMB 110 Bandeirante]], que voou por primeira vez o [[26 de outubro]] de [[1968]]. O IPD quería que o 6504 fose producido en serie, pero a falta de interese por parte das construtoras privadas impedíuno, facendo evidente a necesidade de fundar unha construtora de propiedade estatal.
 
Finalmente, o [[29 de xullo]] de [[1969]], o Ministerio de Aeronáutica creou Embraer. Naquel momento a compañía contaba cuns 500 empregados, incluíndo aos enxeñeiros procedentes do CTA e do ITA, e planeábase construír dous Bandeirante ao mes. O enxeñeiro Ozires Silva, membro do equipo que creou o Bandeirante, converteuse no presidente da nova compañía.
 
== Avións civís ==