Esfingolípido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:sphingolipid.png|miniatura|375px|Estrutura química xeral dos esfingolípidos. Segundo os diferentes substituíntes no grupo R poden ser:<BR>con [[hidróxeno|H]] forman [[ceramida]]s;<BR>con [[fosfocolina]] forman [[esfingomielina]]s; e <BR>con [[azucre]](s) forman [[glicoesfingolípido]]s.]]
[[Ficheiro:Sphingolipid constituents miguelferig.jpg|miniatura|dereita|375 px|Constituíntes das moléculas dos principais esfingolípidos.]]
[[Ficheiro:Sphingolipid types miguelferig.jpg|miniatura|dereita|375 px|Principais tipos de esfingolípidos. Están formados pola base esfingoide (esfingosina) unida a un ácido grxa e a un grupo R variable, que serve para distinguir os distintos tipos de esfingolípidos. A ceramida é a molécula básica e forma a parte [[hidrófobo|hidrófoba]] do esfingolípido; o seu grupo R é simplemente un átomo de hidróxeno. As esfingomielinas teñen unha cabeza polar con fosfato e un aminoalcohol xeralmente, como a etanolamina do exemplo. Os glicoesfingolípidos teñen como cabeza polar un azucre, pero sen fosfato (no exemplo, un cerebrósido).]]
 
Os '''esfingolípidos''' son un tipo de [[lípido]]s que conteñen un esqueleto formado por unha '''base esfingoide''', que é un aminoalcohol alifático, de varios tipos posibles, entre os que o máis común é o aminoalcohol [[esfingosina]]. Algúns conteñen fosfato, polo que serían tamén [[fosfolípido]]s, pero outros non ([[glicoesfingolípido]]s). Son lípidos [[anfipático]]s, xa que a súa molécula ten unha parte [[hidrófobo|hidrófoba]] e outra [[hidrófilo|hidrófila]], o que permite que se orienten en medio acuoso e formen parte das membranas. Son [[saponificación|saponificables]], xa que conteñen [[ácido graxo|ácidos graxos]].