Comuñón anglicana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q6423963
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 29:
Estes catro elementos comprenderíanse á luz da tríade: Escritura, Tradición e Razón, que servirían como triplo criterio para discernir a fe e a ética do cristián.
 
Estes catro elementos establecen para os anglicanos unha orde de prioridades nos costumes e tradicións eclesiásticas, así, a [[Virxe María]], Nai do noso Señor Xesucristo, é recoñecida como "Bendita entre as Mulleres", "Benvida por todas as xeracións" (conforme ao [[Evanxeo de Lucas|Evanxeo segundo San Lucas]]), e outórgaselle unha [[Hiperdulía|veneración]] máis ou menos intensa, segundo a tradición local que, no entanto, xamais compite coa [[Adoración (relixión)|adoración]] que só se tributa a Deus: ao Pai, polo Fillo, no [[Espírito Santo]].
 
Entre os anglicanos non existe unha veneración de santos propiamente dita; así a todo, na medida en que a Igrexa, como Pobo de Deus, é Santa, todos os seus membros bautizados o son, non polos seus merecementos morais, senón en virtude da súa vocación. Con todo, a Igrexa honra a Deus e dálle grazas «pola Graza depositada nos seus santos, que foron luces do mundo na súa propia xeración»; deste xeito, é posible honrar, dentro da liturxia, e con arranxo a un Calendario Eclesiástico, aos bautizados que foron ''heroes da fe''.
 
Nas igrexas anglicanas existen diversas imaxes: [[icona (arte)|icona]]s, [[retablo]]s, conxuntos [[escultura|escultóricos]] e, sobre todo, [[vitrais]; con todo, nos ambientes anglicanos adoita establecerse unha clara diferenza entre utilizar imaxes no culto (práctica xeralmente aceptada), a render culto, de calquera índole, ás imaxes. Este criterio distingue ao anglicanismo tanto das tradicións protestantes, como das católico romanas e ortodoxas, no que ao tratamento das imaxes relixiosas se refire.
 
A dignidade humana e a igualdade entre todas as persoas forman parte fundamental dos valores anglicanos, así o mostran as modernas redaccións dos votos bautismais nas diversas provincias da Comuñón, e tamén o exemplo de arcebispos anglicanos destacados, como o surafricano [[Desmond Tutu]], loitador incansable pola xustiza nun país dominado por unha das formas máis severas de discriminación racial, o "Apartheid". No medio desta discriminación, o Arcebispo Tutu non só loitou polos dereitos dos africanos, senón que axudou a manter a paz desterrando o odio, foi galardoado por iso co [[Premio Nobel da Paz]] en [[1984]].
Liña 41:
A actitude dos anglicanos ante a [[homosexualidade]], é tamén un asunto espiñoso que provocou, no seu seo, serias poxas en todo ámbito, desde a repulsión ata a máis ampla aceptación, pero o simple feito de que este tema sexa motivo de debate, mostra, non tanto a unha familia dividida, canto a unha sociedade humana sumamente cambiante, da cal o Anglicanismo é reflexo, e mostra tamén a unha comuñón eclesial onde é posible recoñecerse como membros aínda malia as diferenzas teolóxicas.
 
Aínda que as igrexas anglicanas ao longo da súa historia, non se caracterizaron por unha inclinación ás discusións acaloradas nin ás declaracións sobre moral sexual (de feito, o clero foi libre, en todas partes, desde o século XVI, para contraer matrimonio, manterse célibe ou vivir en soltaría), dous feitos históricos, na primeira década do século XXI, dispararon o debate sobre a relación entre [[homosexualidade e cristianismo]]: A autorización para a bendición das [[unións entre persoas do mesmo sexo]], por parte da Diocese de New Westminster, da [[Igrexa Anglicana do Canadá]], e a elección e consagración de [[Gene Robinson]] como Bispo da Diocese de New Hampshire, da '''Igrexa Episcopal nos Estados Unidos''', posto que Robinson declarara oficialmente a súa condición homosexual ante a súa diocese, antes de ser electo.
 
===Doutrina sobre a Igrexa e instrumentos de unidade===