N-aciletanolamina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{DISPLAYTITLE:''N''-aciletanolamina}}
[[Ficheiro:N-acylethanolamine.png|miniatura|dereita|Estrutura química xeral dunha ''N''-aciletanolamina.]]
Unha '''''N''-aciletanolamina''' é un tipo de [[amida de ácido graxo]] formada por un ou varios tipos de grupos [[acilo]] enlazados co átomo de [[nitróxeno (elemento)|nitróxeno]] da [[etanolamina]]. Estas [[amida]]s conceptualmente poden formarse a partir dun [[ácido graxo]] e unha etanolamina, que se enlazarían liberando unha molécula de [[auga]], pero, en realidade, a síntese biolóxica coñecida destas substancias realízaa o [[encima]] [[N-acil fosfatidiletanolamina-específica fosfolipase D|fosfolipase específica D]] clivando a unidade [[fosfolípido]] dunha [[N-acilfosfatidiletanolamina|''N''-acilfosfatidiletanolamina]].<ref> Okamoto, Y.; Morishita, J.; Tsuboi, K.; Tonai, T.; Ueda, N. (2004). "Molecular characterization of a phospholipase D generating anandamide and its congeners.". The Journal of Biological Chemistry 279 (7): 5298–5305. doi:10.1074/jbc.M306642200. PMID 14634025.</ref> Outra ruta depende da [[transesterificación]] de grupos acilo da [[fosfatidilcolina]] pola actividade dunha [[N-aciltransferase|''N''-aciltransferase]] (NAT), que dá lugar a N-acilfosfatiletanolaminas precursoras das N-aciletanolaminas.<ref>Xing-Hua Jin, Yasuo Okamoto, Jun Morishita, Kazuhito Tsuboi, Takeharu Tonai e Natsuo Ueda. [http://www.jbc.org/content/282/6/3614.short Discovery and Characterization of a Ca2+-independent Phosphatidylethanolamine N-Acyltransferase Generating the Anandamide Precursor and Its Congeners].
February 9, 2007 The Journal of Biological Chemistry, 282, 3614-3623. [http://www.jbc.org/content/282/6/3614.short]. Cita: "Tras a sobreexpresión en células COS-7, unha proteína, chamada proteína similar á LRAT da rata (RLP)-1, catalizou a transferencia dun grupo acilo radioactivo a partir da fosfatidilcolina (PC) á PE, resultando a formación de NAPE radioactiva."</ref>