Charles-Augustin de Coulomb: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q81716
Liña 34:
Foi educado na École du Génie en Mézieres e graduouse en 1761 como enxeñeiro militar co grao de Primeiro Tenente. Coulomb serviu nas Indias Occidentais durante nove anos, onde supervisou a construción de fortificacións na Martinica. En 1774, Coulomb converteuse nun corresponsal da Academia de Ciencias de París. Compartiu o primeiro premio da Academia polo seu artigo sobre os compases magnéticos e recibiu tamén o primeiro premio polo seu traballo clásico acerca da fricción, un estudo que non foi superado durante 150 anos.
 
Durante os seguintes 25 anos, presentou 25 artigos na Academia sobre electricidade, magnetismo, torsión e aplicacións da balanza de torsión, así como varios centos de informes sobre enxeñería e proxectos civís. Coulomb aproveitou plenamente os diferentes postos que tivo durante a súa vida. Por exemplo, a súa experiencia como enxeñeiro levouno a investigar a resistencia de materiais e a determinar as forzas que afectan a obxectos sobre vigas, contribuíndo dese xeito ao eido da mecánica estrutural. Outro aporte de Coulomb é a chamada Teoría de Coulomb para presión de terras, publicada en 1776, a cal enfoca o problema de empuxes de terras sobre [[muro]]s considerando as cuñas de falla, nas que actúa o muro, ademais de ter en conta o ángulo de inclinación do muro e do solo sobre o muro de contención. Tamén fixo aportacións no campo da [[ergonomía]].
 
Coulomb morreu en 1806, cinco anos despois de converterse en presidente do Instituto de Francia (antigamente a Academia de Ciencias de París). A súa investigación sobre a electricidade e o magnetismo permitiu que esta área da física saíra da filosofía natural tradicional e se convertera nunha ciencia exacta.