Enxeñaría industrial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m quito {{Fusióndesde|Enxeñaría Industrial}} pois xa foi fusionado
arranxo
Liña 4:
A enxeñaría industrial está tamén moi vencellada á xestión de operacións, enxeñaría de sistemas ou enxeñaría de manufactura: unha distinción que semella depender do punto de vista ou motivos de quen a use.
 
No sector do coidado da saúde, por exemplo, os enxeñeiros industriais son coñecidos comunmente como enxeñeiros administradores ou enxeñeiros en sistemas de saúde. O termo ''industrial'' prestouse a malentendidos. Mentres que o termo aplica orixinalmente a manufactura, estendeuse a moitos outros sectores de servizos. A enxeñería industrial abarca varios tópicos, tales como: ciencias da administración, xestión de cadeas de subministracións, enxeñería de procesos, investigación de operacións, enxeñería de sistemas, [[ergonomía]], enxeñería de calidade e reenxeñaría de procesos.
 
Algúns exemplos das aplicacións da enxeñería industrial son: o deseño de novos sistemas de traballo en bancos, as melloras de operacións e urxencias en hospitais, a distribución global de produtos, e a redución e mellora de liñas de espera en bancos, hospitais, parques temáticos e sistemas de tráfico vehicular.