Diferenzas entre revisións de «Võ Nguyên Giáp»

corrixo
m (Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q179910)
(corrixo)
Era fillo dun mandarín de segunda clase, e fixo estudos de Dereito e Historia en [[Hue]]. Foi militante [[comunista]] desde os anos 30 do [[século XX]]. En setembro do [[1939]], logo da prohibición do [[Partido Comunista]], Giáp trasladouse a [[China]], onde coñeceu a [[Ho Chi Minh]], con quen creou o [[Viet Minh]] na conferencia de Chingsi, en [[maio]] de [[1941]]. A finais dese ano Giáp marchou ás montañas do Vietnam para formar os primeiros grupos guerrilleiros.
 
Dirixente militar do Vietminh, en [[decembro]] de [[1944]] capturou un punto militar [[Francia|francés]], logo de ter formado os primeiros batallóns das súas forzas armadas. Iniciada a [[Guerra de Indochina]] en decembro de [[1946]], logo do bombardeo de [[Haiphon]] por parte dade Francia, retirouse cara China, ata que en outubro de [[1950]] ocupa a zona montañosa fronteiriza. A partir de entón, a [[guerrilla]] difúndese por Vietnam e [[Laos]]. Mais Giáp sempre considerou que só a formación dun auténtico exército podería derrotar os colonialistas.
 
A fins de [[1953]] ''Giáp'' aceitouaceptou o reto francés dunha batalla definitiva: a [[Batalla de Dien Bien Phu|Dien Bien Phu]], na que, despois de varias semanas de combate, as tropas vietnamitas saíron vencedoras o día [[7 de maio]] de [[1954]]. O que se consideraba imposíbel, a vitoria de colonizados sobre un exército occidental en campo aberto, fórafora logrado.
 
Logo da conferencia de [[Xenebra - Genève|Xenebra]], [[Suíza]], que recoñecía a independencia das colonias francesas en [[Indochina]], Giáp pasou a ser ministro de defensa de [[Vietnam do Norte]]. Simultaneamente, dirixiu as operacións no Sur contra o exército dos norteamericanos e os seus aliados. Lograría converter o fracaso da ofensiva de [[1968]] nun éxito político, ao demostrar aos estadounidenses que enfrontaban unha guerra inacabable.
 
Despois do fracaso da ofensiva da Pascua de [[1972]] foi cesado temporalmente do mando das operacións, pero conservou a cadeira de ministro de defensa. Entre 1976 e 1991 ostentou o cargo de viceprimeiroministroviceprimeiro ministro.
 
Recoñecido como un dos maiores estrategosestrategas do [[século XX]], consideraba que a base do poder militar residía no apoio dos campesiños e a táctica da "guerra prolongada".
 
== Véxase tamén ==
54.101

edicións