Día Internacional dos Traballadores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
ortogría e arranxiños
Elisardojm (conversa | contribucións)
máis ortografía
Liña 2:
O '''Día Internacional dos Traballadores''' ou '''Día Internacional do Traballo''' ou '''Primeiro de Maio''', é a festa por antonomasia do [[movemento obreiro]] mundial.
 
Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da [[Segunda Internacional]], celebrado en [[París]] en [[1889]], é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós ''Mártires de Chicago'', sindicalistas [[anarquismo|anarquistas]], que foron axusticiadosaxustizados nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na [[folga laboral|folga]] iniciada o [[1 de maio]] de [[1886]] e o seu punto álxido tres días máis tarde, o [[4 de maio]], na [[Revolta de Haymarket]] en [[Chicago]]. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no [[Canadá]], cunha campaña semellante a partir do [[1872]] a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.
 
É curioso que nos Estados Unidos non se celebra esta conmemoración. Alí celebran o ''[[Labor Day]]'' o primeiro luns de setembro desde [[1882]], nunha parada realizada en [[Nova York]] e organizada pola [[Nobre Orde dos Cabaleiros do Traballo]] (''Knights of Labor'', en inglés). O presidente [[Grover Cleveland]], propiciou a celebración en setembro por temor a que a data de maio reforzase o movemento [[socialismo|socialista]] nos Estados Unidos.
Liña 9:
 
== A historia ==
Os feitos que deron lugar a esta celebración están contextualizados nos comezos da [[revolución industrial]] nos Estados Unidos. A finais do século XIX [[Chicago]] era a segunda cidade de EE.UU. Do oeste e do sudestesueste chegaban cada ano por ferrocarril miles de gandeiros desocupados, creando as primeiras vilas pobres que albergarían traballadores por centos de miles. Ademais, estes centros urbanos acolleron a emigrantes vidos
de todo o mundo ó longo do [[século XIX]].
 
Liña 15:
Unha das reivindicacións básicas dos traballadores era a xornada de 8 horas, encadrada en facer valer a máxima ''oito horas para o traballo, oito horas para o sono e oito horas para a casa''. Neste contexto producíronse varios movementos. En [[1829]] formouse un movemento para solicitar á lexislatura de [[Nova York]] a xornada de oito horas. Anteriormente existía unha lei que prohibía traballar máis de 18 horas, ''salvo caso de necesidade''. Se non había tal necesidade, calquera funcionario dunha compañía de ferrocarril que obrigase a un maquinista ou fogoneiro a traballar xornadas de 18 horas diarias debía pagar unha multa de 25 [[Dólar estadounidense|dólar]]es.
 
A maioría dos obreiros estaban afiliados á [[Nobre Orde dos Cabaleiros do Traballo]], pero tiña máis preponderancia a ''[[American Federation of Labor]]'' ([[Federación Estadounidense do Traballo]]), inicialmente [[socialista]] (algunhas fontes sinalan a súa orixe [[Anarquismo|anarquista]]). No seu cuarto congreso, realizado o [[17 de outubro]] de [[1884]], resolvera que desde o [[1 de maio]] de [[1886]] a duración legal da xornada de traballo debería ser de oito horas. En caso de non obter resposta a este reclamo, iríase a unha [[folga]]. Recomendaba a todas as unións sindicais a tratar de facer promulgar leis con ese contido en todas as súas xurisdicciónsxurisdicións. Esta resolución espertou o interese de todas as organizacións, que vían que a xornada de oito horas posibilitaría obter maior cantidade de postos de traballo (menos desocupación). Eses dous anos acentuaron o sentimento de solidariedade e acrecentou a combatibilidade dos traballadores en xeral.
 
En 1886, o [[presidente dos Estados Unidos]] [[Andrew Johnson]] promulgou a chamada ''[[Lei Ingersoll]]'', establecendo as 8 horas de traballo diarias. Ó pouco tempo, 19 estados sancionaron leis que permitían traballar xornadas máximas de 8 e 10 horas (aínda que sempre con cláusulas que permitían facer traballar ós obreiros entre 14 e 18 horas). As condicións de traballo eran semellantes, e as condicións en que se vivía seguían sendo insoportables.
 
Como a Lei Ingersoll non se cumpriu, as organizacións laborais e sindicais de EE.UU. mobilizáronse. A prensa cualificaba o movemento en demanda das oito horas de traballo como «''indignante e irrespetuosoirrespectuoso''», «''delirio de lunáticos pouco patriotas''», e manifestando que era «''o mesmo que pedir que se pague un salario sen cumprir ningunha hora de traballo''».
[[Ficheiro:Día do traballo. Santiago de Compostela 2009 54.jpg|dereita|miniatura|222px|Manifestación do Primeiro de Maio en Santiago de Compostela (ano 2009).]]
 
=== A convocatoria de folga ===
A Nobre Orde dos Cabaleiros do Traballo (a principal organización de traballadores dos EE.UU. naquel momento) remitiu unha circular a todas as organizacións adheridas onde manifestaba: «''Ningún traballador adherido a esta central debe facer folga o 1° de maio xa que non demos ningunha orde respecto diso''». Este comunicado foi rexeitado de plano por todos os traballadores de EE.UU. e [[Canadá]], quenesquen repudiaron ós dirixentes da Nobre Orde por traidores ao movemento obreiro.
 
Na prensa do día anterior á folga, o [[29 de abril]] de 1886, podíase ler: «''Ademais das oito horas, os traballadores van esixir todo o que poidan suxerir os máis tolos anarco-socialistasanarcosocialistas''». O ''New York Times'' dicía: «''As folgas para obrigar ao cumprimento das oito horas poden facer moito para paralizar a nosa industria, diminuír o comercio e frear a renacente prosperidade da nosa nazónnación, pero non lograrán o seu obxectivo''». O ''Filadelfia Telegram'' dicía: «''O elemento laboral foi picado por unha especie de tarántula universal e volveuse tolo de remate: pensa precisamente nestes momentos en iniciar unha folga polo logro do sistema de oito horas''». O ''Indianápolis Journal'' dicía: «''Os desfiles na rúa, as bandeiras vermellas, as fogosas arengas de rufiáns e demagogos que viven dos impostos de homes honestos pero enganados, as folgas e ameazas de violencia, sinalan a iniciación do movemento''».
 
=== O día 1 de maio, a folga ===
O 1° de maio de 1886, 200.000 traballadores iniciaron a folga mentres que outros 200.000 obtiñan esa conquista coa simple ameaza de paro.
 
En Chicago, onde as condicións dos traballadores eran moito peores que noutras cidades do país, as movilizaciónsmobilizacións seguiron os días 2 e 3 de maio. A única fabrica que traballaba era a fábrica de maquinaria agrícola McCormik que estaba en folga desde o 16 de febreiro porque querían descontar ós obreiros unha cantidade para a construción dunha igrexa. A produción mantíñase a base de [[esquirolcrebafolga]]ess. O día 2 a políciapolicía disolvera violentamente unha manifestación de máis de 50.000 persoas e o día 3 celebrábase unha concentración en fronte das súas portas. Cando estaba na tribuna o anarquista [[August Spies]] soou a sirena de saída dunha quenda de rompefolgascrebafolgas. Os concentrados lanzáronse sobre os ''scabs'' (amarelos) comezando unha pelexa campal. Unha compañía de policías, sen aviso algún, procedeu a disparar a queimarroupa sobre a xente producindo 6 mortos e varias decenas de feridos.
 
O redactor do ''[[Diario dos traballadores]]'' Fischer correu ao seu xornal onde onde redactou unha proclama (que logo se utilizaría como principal proba acusatoria no xuízo que o levou á forca) imprimindo 25.000 [[octavilla]]s. A proclama dicía:
Liña 54:
''¡Tede coraxe, escravos! ¡Levantádevos!.|}}
 
A proclama finalizaba convocando un acto de protesta para o día seguinte, o catro, ás catro da tarde, na praza Haymarket. Conseguiuse un permiso do alcalde Harrison para facer un acto ás 19.30 no parque Haymarket. Os feitos que alí sucederon son coñecidos como '''[[Revolta de Haymarket]]'''.
 
=== A [[revolta de Haymarket]] ===
Concentráronse na praza de Haymarket máis de 20.000 persoas que foron reprimidas por 180 policías uniformados. Un artefacto explosivo estalou entre os policías producindo un morto e varios feridos. A policía abriu fogo contra a multitude matando e ferindo a un número descoñecido de obreiros.
 
Liña 67:
A Prensa reclamaba un xuízo sumario por parte da [[Corte Suprema]], responsabilizando a oito anarquistas e a todas as figuras prominentes do movemento obreiro.
 
O [[21 de xuño]] de 1886, iniciouse a causa contra 31 responsables (que logo quedronquedaron nos 8 anteditos). As irregularidades no xuízo foron moitas, violándose todas as normas procesais de forma e de fondo, tanto que chegou a ser cualificado de xuízo farsa. Os xulgados foron declarados culpables. Tres deles foron condenados a prisión e cinco á forca:
 
;Condenados a prisión:
Liña 83:
 
 
Relato da execución por [[José Martí]], corresponsalcorrespondente en Chicago do xornal ''[[La Nación (Arxentina)|La Nación]]'' de [[Bos Aires]] ([[Arxentina]]):
 
{{Cita|''...saen das súas celas. Danse a man, sorrín. Lenlles a sentenza, suxéitanlles as mans por detrás con esposas, cínguenlles os brazos ao corpo cunha faixa de coiro e póñenlles unha mortaxamortalla branca como a túnica dos catecúmenos cristiáns. Abaixo está a concorrencia, sentada en ringleira de cadeiras diante do cadalso como nun teatro... Firmeza no rostro de Fischer, pregaria no de Spies, orgullo no do Parsons, Engel fai un chiste en relación coa súa caperucha, Spies grita: "A voz que ides sufocar será máis poderosa no futuro que cantas palabras puidese eu dicir agora». Báixanlles as caperuchas, logo un aceno, un ruído, a trampa cede, os catro corpos caen e balancéanse nunha danza espantable...''|}}
 
O Crime de Chicago custou a vida de moitos traballadores e dirixentes sindicais; non existe un número exacto, pero foron miles os despedidos, detidos, procesados, feridos de bala ou torturados. A maioría eran inmigrantes: [[italia]]nos, [[España|españois]], [[Alemaña|alemáns]], [[Rusia|rusos]], [[Irlanda|irlandeses]], [[Israel|xudeus]], [[Polonia|polacos]] e eslavos.
Liña 97:
Na actualidade, case todos os países democráticos rememoran o 1º de maio como a orixe do movemento obreiro moderno. Estados Unidos, Reino Unido e o Principado de Andorra son os únicos países (do mundo occidental), que non o lembran de xeito activo.
 
En [[1954]], o papa católico [[Pío XII]] apoiou tacitamente esta xornada de memoria colectiva ó declarala como festividade de [[San Xosé Obreiro]]. ÚltimamenteUltimamente vénse denominando a este día como '''Día Internacional do Traballo'''.
 
== Outros mártires ==