Resurrección: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: fr:Résurrection (christianisme) (strong connection between (2) gl:Resurrección and fr:Résurrection)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 45:
A teoloxía ortodoxa segue moi pegada ao pensamento dos [[Pais da Igrexa]] de Oriente. Nos himnos litúrxicos, as igrexas proclaman que Cristo esnaquizou as portas do inferno, que levantou conxuntamente aos mortos, rompeu o aguillón da morte e, como Amigo dos homes, redimiu a [[Adán]] da maldición (''kontakion'' do quinto domingo).
 
Nas [[Icona (arte)|icona]]s, tan importantes para a espiritualidade ortodoxa, aparecen imaxes desta verdade fundamental nas igrexas de tradición bizantina. Nelas, a nova vida é xa experimentable no presente, mediante as enerxías divinas descritas por teólogos medievais como [[Nicolás Cabasilas]] ou [[Gregorio Palamas]].
 
Para os teólogos bizantinos a mortalidade humana é unha traxedia individual e cósmica que Deus asume por amor, para que, mediante a resurrección de Cristo, poida a humanidade recobrar a vida perpetuamente feliz. Recollendo esta tradición, para teólogos actuais como [[Meyendorff]] ou [[Olivier Clément]], coa resurrección a morte deixou de ser o único fin da existencia material. Así, o home é liberado do temor; a escravitude do pecado, que se basea no instinto de conservación e na separación entre os homes, perde o seu poder e deixa de ser inevitable.