Día Internacional dos Traballadores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Ligazóns externas: quito algunhas ligazóns externas con info repetida ou que non funcionan
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 13:
 
=== A reivindicación da xornada laboral de 8 horas ===
Unha das reivindicacións básicas dos traballadores era a xornada de 8 horas, encadrada en facer valer a máxima ''oito horas para o traballo, oito horas para o soñosono e oito horas para a casa''. Neste contexto producíronse varios movementos. En [[1829]] formouse un movemento para solicitar á lexislatura de [[Nova York]] a xornada de oito horas. Anteriormente existía unha lei que prohibía traballar máis de 18 horas, ''salvo caso de necesidade''. Se non había tal necesidade, calquera funcionario dunha compañía de ferrocarril que obrigase a un maquinista ou fogonerofogoneiro a traballar xornadas de 18 horas diarias debía pagar unha multa de 25 [[Dólar estadounidense|dólar]]es.
 
A maioría dos obreiros estaban afiliados á [[Nobre Orde dos Cabaleiros do Traballo]], pero tiña máis preponderancia a ''[[American Federation of Labor]]'' ([[Federación Estadounidense do Traballo]]), inicialmente [[socialista]] (algunhas fontes sinalan a súa orixe [[Anarquismo|anarquista]]). No seu cuarto congreso, realizado o [[17 de outubro]] de [[1884]], resolvera que desde o [[1 de maio]] de [[1886]] a duración legal da xornada de traballo debería ser de oito horas. En caso de non obter resposta a este reclamo, iríase a unha [[folga]]. Recomendaba a todas as unións sindicais a tratar de facer promulgar leis con ese contido en todas as súas jurisdicciónsxurisdiccións. Esta resolución espertou o interese de todas as organizacións, que vían que a xornada de oito horas posibilitaría obter maior cantidade de postos de traballo (menos desocupación). Eses dous anos acentuaron o sentimento de solidariedade e acrecentou a combatibilidade dos traballadores en xeral.
 
En 1886, o [[presidente dos Estados Unidos]] [[Andrew Johnson]] promulgópromulgou a chamada ''[[Lei Ingersoll]]'', establecendo as 8 horas de traballo diarias. Ó pouco tempo, 19 estados sancionaron leis que permitían traballar xornadas máximas de 8 e 10 horas (aínda que sempre con cláusulas que permitían facer traballar ós obreiros entre 14 e 18 horas). As condicións de traballo eran semellantes, e as condicións en que se vivía seguían sendo insoportables.
 
Como a Lei Ingersoll non se cumpriu, as organizacións laborais e sindicais de EE.UU. mobilizáronse. A prensa cualificaba o movemento en demanda das oito horas de traballo como «''indignante e irrespetuoso''», «''delirio de lunáticos pouco patriotas''», e manifestando que era «''o mesmo que pedir que se pague un salario sen cumprir ningunha hora de traballo''».