The Beatles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 59:
Lanzado en marzo de 1963, o álbum alcanzou o número un nas listas británicas. O terceiro sinxelo que publicaron, «[[From Me to You]]», foi lanzado en abril e tamén alcanzou a cima das listas de éxitos. A partir dese momento iniciouse un refacho case ininterrompido de dezasete sinxelos lanzados por The Beatles, que alcanzaron o número un nas listas británicas, incluíndo todos os que se publicaron nos seguintes seis anos, fóra dun. Lanzado en agosto, o cuarto sinxelo, «[[She Loves You]]», alcanzou a marca de maior número de copias vendidas no Reino Unido ata ese momento, vendendo preto de 750 mil copias en menos de catro semanas.<ref>{{cita libro |nome=Jonathan |apelidos=Gould |ano=2008 |título=Can't Buy Me Love: The Beatles, Britain and America |id=ISBN 978-0-7499-2988-6 |lingua=inglés|páxina=159}}</ref>Converteuse no seu primeiro sinxelo en vender un millón de copias, e seguiu tendo o record no Reino Unido ata 1978, cando foi superada por «[[Mull of Kintyre (canción)|Mull of Kintyre]]», interpretada por McCartney e o seu grupo posterior á separación de The Beatles, [[Wings]].<ref>{{cita libro |apelido=Harry|nome=Bill|ano=2000a |título=The Beatles Encyclopedia: Revised and Updated |id=ISBN 978-0-7535-0481-9|lingua=inglés|páxina=990}}</ref> A popularidade da súa música proporcionoulles unha crecente atención da prensa, á que eles responderon cunha descarada e irreverente actitude, que acabou por apartarse dos trazos característicos das figuras máis importantes da música pop e que, ata, inspirou maiores intereses.<ref name="Plagenhoef 2009">{{cita web |apelido=Plagenhoef |nome=Scott |ano=2009 |título=Revolver |data=9 de septiembre de 2009 |obra=Pitchfork |url=http://pitchfork.com/reviews/albums/13434-revolver/ |dataacceso=31 de outubro de 2009 |lingua=inglés}}</ref><ref>{{cita libro |nome=Jonathan |apelidos=Gould |ano=2008 |título=Can't Buy Me Love: The Beatles, Britain and America |id=ISBN 978-0-7499-2988-6 |lingua=inglés|páxinas=166-169}}</ref>
 
[[Ficheiro:Beatles logo.svg|miniatura|Logotipo de The Beatles coa T alargadaalongada cara abaixo, salientando a palabra «beat».]]
 
O icónico logotipo de The Beatles coa letra «T» alargada cara a abaixo fixo o seu debut en 1963, cando foi utilizado por primeira vez á fronte da batería de Starr, que Epstein e Starr compraron nunha tenda de Londres.<ref>{{cita noticia |apelido=Alcantara |nome=Paul |ano=2005 |apelido2=Hall |nome2=Sally J. |título=Ivor Arbiter: Captain of the Music Industry and Designer of The Beatles' 'Drop-T' Logo |pub-periódica=The Independent |data=24 de setembro de 2005 | lugar=Londres|dataacceso=27 de setembro de 2009 |url=http://www.independent.co.uk/news/obituaries/ivor-arbiter-508146.html |lingua=inglés}}</ref><ref>{{cita libro |apelidos=Thompson |nome=Gordon |ano=2008 |título=Please Please Me: Sixties British Pop, Inside Out |editorial=Oxford University Press |localización=Oxford e Nova York |id=ISBN 978-0195333183 |lingua=inglés|páxina=270}}</ref> Durante a primeira metade do ano levaron a cabo tres xiras no Reino Unido: unha de catro semanas que comezou en febreiro e outras dúas de tres semanas durante marzo e maio a xuño. A medida que a súa popularidade foi estendéndose, apareceu unha adulación desenfreada cara a eles, tamén chamada «[[Beatlemanía]]». Aínda que non se anunciaron como os xefe de xira, os outros artistas que participaron foron [[Tommy Roe]], [[Chris Montez]] e [[Roy Orbison]], artistas estadounidenses que estableceran unha gran popularidade no Reino Unido.<ref name="Pawloski pp.125-32">{{cita libro |nome=Gareth L. |apelidos=Pawlowski |ano=1990 |título=How They Became The Beatles: A Definitive History of the Early Years, 1960-1964 |id=ISBN 978-0-356-19052-5 |lingua=inglés|páxinas=125-132}}</ref> As actuacións en todas partes, tanto na xira como nos espectáculos fora do Reino Unido, foron recibidas cun entusiasmo desenfreado polos fanáticos que non paraban de berrar.<ref>{{cita libro |nome=Gareth L. |apelidos=Pawlowski |ano=1990 |título=How They Became The Beatles: A Definitive History of the Early Years, 1960-1964 |id=ISBN 978-0-356-19052-5 |lingua=inglés|páxinas=117-185}}</ref> A policía viuse obrigada a usar auga a alta presión con mangueiras para poder controlar ás multitudes, e houbo debates no [[Parlamento]] sobre os miles de policías que puñan en risco as súas vidas para protexelos.<ref>{{cita libro |nome=Gareth L. |apelidos=Pawlowski |ano=1990 |título=How They Became The Beatles: A Definitive History of the Early Years, 1960-1964 |id=ISBN 978-0-356-19052-5 |lingua=inglés|páxina=153}}</ref> A finais de outubro, unha xira de cinco días por [[Suecia]] converteuse na primeira visita que fixeron ao estranxeiro desde os seus días en Hamburgo.<ref>{{cita libro |apelido=Harry|nomee=Bill|ano=2000a |título=The Beatles Encyclopedia: Revised and Updated |id=ISBN 978-0-7535-0481-9|lingua=inglés|páxina=1088}}</ref> De volta ao Reino Unido foron recibidos no [[aeroporto de Heathrow]] baixo unha intensa choiva por miles de fanáticos. Ademais, asistiron cincuenta xornalistas e fotógrafos e un equipo de cámaras da televisión da [[British Broadcasting Corporation|BBC]].<ref>{{cita libro |nome=Gareth L. |apelidos=Pawlowski |ano=1990 |títuloe=How They Became The Beatles: A Definitive History of the Early Years, 1960-1964 |id=ISBN 978-0-356-19052-5 |lingua=inglés|páxina=150}}</ref> Ao día seguinte, The Beatles comezaron outra xira polo Reino Unido, prevista para seis semanas. Pero nesta ocasión, foron, indiscutiblemente, o grupo principal.<ref name="Pawloski pp.125-32" />