Abrir o menú principal

Cambios

As campañas de Xustiniano en Occidente deixaron exhausta a facenda imperial e precipitaron ao imperio nunha situación de crise, que chegaría ao seu punto culminante a comezos do [[século VII]].
 
A época de Xustiniano non só destaca polos seus éxitos militares. Baixo o seu reinado, Bizancio viviu unha época de esplendor cultural, malia a clausura da Universidade de Atenas, destacando, entre outras moitas, as figuras dos poetas [[Nono de Panópolis]] e [[Paulo Silenciario]], o historiador [[Procopio de Cesarea|Procopio]], e o filósofo [[Xoán FilopónFilópono]]. Entre [[528]] e [[533]], unha comisión nomeada polo emperador codificou o [[Dereito romano]] no ''[[Corpus Iuris Civilis]]'', permitindo así a transmisión á posteridade dun dos máis importantes legados do mundo antigo. O esplendor da época de Xustiniano atopa o seu mellor exemplo nunha das obras arquitectónicas máis afamadas da historia da Arte, a [[igrexa de Santa Sofía]], construída durante o seu reinado polos arquitectos [[Antemio de Tralles]] e [[Isidoro de Mileto]].
 
=== O repregamento de Bizancio ===
Usuario anónimo