Teodoro Estudita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 5:
O 795 o emperador [[Constantino VI|Constantino]] casou con [[Teodota]] contra as leis canónicas; Teodoro [[anatema|anatemizou]] ao emperador e denunciou ao patriarca [[Tarasio, patrarca de Constantinopla|Tarasio]] (que ao ano seguinte foi desterrado a [[Tesalónica]]). Á morte do emperador en [[797]], foi chamado a Constantinopla onde entrou con gran pompa e conseguiu o favor da emperatriz Irene.
 
O [[798]], debido a un ataque árabe, trasladouse ao mosteiro de Studium, moi preto de Constantinopla. En [[806]] [[Nicéforo I, patriarca de Constantinopla|Nicéforo I]] foi nomeado patriarca e o abade Xosé, que autorizara o matrimonio do emperador Constantino foi restaurado na comuñón da igrexa por un concilio que tivo lugar na capital, e Teodoro opúxose e uníronselle moitos monxes; o papa [[Papa León III, papa|León III]] condenouno e contestoulle con arrogancia e insolencia; finalmente foi desterrado o [[809]] xunto co seu irmán Xosé e o seu tío Platón, nunha illa da [[Propóntida]].
 
Foron liberados o [[811]], Cando o [[813]] o emperador [[León V o Armenio|León V]] emitiu un edito contra o culto das imaxes, Teodoro opúxose e desafiouno e incitou no pobo á sedición; foi posto en residencia vixiada pero como que non paraba de enviar cartas contra o emperador, foi enviado a prisión (pasou por unhas cantas) ata que acabou en [[Esmirna]].
 
O [[821]] foi liberado polo emperador [[Miguel II]] e puido volver a Studium onde recuperou a condición de abade. Non se fixo máis moderado e o [[824]], indignado pola carencia de decisión do emperador contra os iconoclastas, apoiou a Tomé, que quería derrocar a Miguel e cando o intento fracasou Teodoro retirouse de Constantinopla e finalmente estableceuse na illa de Calcita (''Chalcite'') onde morreu cinco anos máis tarde mentres dicía misa no mosteiro de Hagios Tryphon (Akritas, Bitínia).
 
== Obras ==
As súas obras son: