TED: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: " '''TED''' '''Tecnoloxía, Entretenimiento, Deseño''' (en inglés: ''Technology, Entertainment, Design'') é unha organización sen ánimo de lucro adicada ás..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de abril de 2013 ás 13:51

TED Tecnoloxía, Entretenimiento, Deseño (en inglés: Technology, Entertainment, Design) é unha organización sen ánimo de lucro adicada ás "Ideas dignas de difundir" (do inglés: Ideas worth spreading). TED é amplamente coñecida polo seu congreso anual (TED Conference) e as súas charlas TED Talks que cubren un amplo espectro de temas que inclúen ciencias, arte, deseño, política, educación, cultura, negocios, asuntos globais, tecnoloxía, desenvolvemento e entretenimiento. Os conferenciantes teñen incluído a persoas sobranceiras nos seus ámbitos de actuación como distintos galardoados co Premio Nobel, (James D. Watson e Murray Gell-Mann),o ex Presidente dos Estados Unidos Bill Clinton ou o seu vicepresidente Al Gore, o co-fundador de Microsoft, Bill Gates, os co-fundadores de Google Sergey Brin e Larry Page, e Billy Graham

Hai máis de 1.000 charlas TED dispoñibles na rede para consulta e descarga gratuita. O 13 de novembro chegaron ás 1.000 millóns de vistas en todo o mundo.

Historia

A conferencia TED foi fundada por Richard Saul Wurman e Harry Marks en 1984, e lévase a cabo anualmente dende 1990. Despois da conferencia de 2002, Wurman cedeu os dereitos do evento a Chris Anderson, quen é agora o anfitrión da mesma. A conferencia é propiedade de The Sapling Foundation. A fundación sen ánimos de lucro de Anderson adicada a potenciar o poder das ideas para cambiar o mundo. A organización de TED ten as súas oficinas en Nova York e Vancouver. A conferencia ten sido realizada en Monterrei (California), dende a súa fundación, pero a partir de 2009 lévase a cabo en Long Beach (California). A conferencia TED conta dende 2005 con un eventeo asociado, TED Global, que é realizado en distintos lugares. En 2005, TED Global realizouse en Oxford (Inglaterra) e en 2007, en Arusha (Tanzania), onde se denominou TED Africa. Progresivamente foise realizando en máis lugares (Mysore, Edinburgo, Washington D.C., etc.

TEDx

No ano 2009 créase o programa TEDx para a realización de eventos locais, organizados independientemente, que buscan reunir persoas para compartir ideas que merezan ser difundidas. Nun evento TEDx, onde a “x” significa “evento organizado independientemente”, disertantes en vivo combínanse con TEDTalks para incitar ó debate profundo e a interconexión. A Conferencia TED fornece unha guía xeral ó programa TEDx, pero cada evento indivudual TEDx é independiente de TED. Como regla xeral de estos eventos teñen unha duración de un día e súa entrada é gratuita. Os conferenciantes non cobran e teñen que comprometerse a ceder a TED o dereito para editar e distribuir a súa presentación baixo licencia Creative Comons. A finais do 2012, máis de 16.000 conferencias foron dadas en máis de 5.000 eventos TEDx en 1.200 cidades en 133 países.

TEDxGalicia

Por primeira vez levouse a cabo TEDxGalicia no ano 2010. En 2013 levarase a cabo a cuarta edición.

TED Prize

O premio TED (TED Prize) foi creado no ano [2005]]. Inicialmente, cada ano, tres individuos recibían 100.000 dólares americanos cada un e a posibilidade de formar un "desexo para cambiar o mundo", o cal presentan durante a conferencia. Dende 2010, premiase anualmente un soño con 1.000.000 de dólares americanos.

Gañadores do TED Price en anos anteriores:

2005 [1] 2006 [2] 2007 [3] 2008 [4] 2009 [5] 2010 [6] 2011 [7] 2012 [8] 2013 [9]
Bono Larry Brilliant Bill Clinton Neil Turok Sylvia Earle Jamie Oliver JR City 2.0 Sugata Mitra
Edward Burtynsky Jehane Noujaim Edward O. Wilson Dave Eggers Jill Tarter
Robert Fischell Cameron Sinclair James Nachtwey Karen Armstrong José Antonio Abreu


Ligazóns externas

  1. "TED Prize 2005". TEDPrize.org. Consultado o 2008-11-30.  (primary source)
  2. "TED Prize 2006". TEDPrize.org. Consultado o 2008-11-30.  (primary source)
  3. "TED Prize 2007". TEDPrize.org. Consultado o 2008-11-30.  (primary source)
  4. "TED Prize 2008". TEDPrize.org. Consultado o 2008-11-30.  (primary source)
  5. "TED Prize 2009". TEDPrize.org. Consultado o 2008-11-30.  (primary source)
  6. "TED Prize 2010". TEDPrize.org. Consultado o 2009-12-21.  (primary source)
  7. "TED Prize 2011". TEDPrize.org. Consultado o 2010-10-20.  (primary source)
  8. "TED Prize 2012". TEDPrize.org. Consultado o 2012-03-01.  (primary source)
  9. "TED Prize 2013". TEDPrize.org. Consultado o 2013-03-01.  (primary source)