Batalla de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
JaviP96 (conversa | contribucións)
m campaña
Liña 12:
{{NAZ}}<br />
{{RIT}}
|campaña = Segunda Guerra Mundial
}}
A '''Batalla de [[Inglaterra]]''' foi unha das batallas máis importantes da [[Segunda Guerra Mundial]], librada entre as forzas aéreas do [[Reino Unido]] ([[Royal Air Force|RAF]]) e a [[Alemaña]] [[nazi]] (''[[Luftwaffe]]'') nos ceos de [[Gran Bretaña]] durante [[1940]] e [[1941]]. Segundo os historiadores británicos, comeza o [[10 de xullo]] de [[1940]] e remata o [[31 de outubro]] de [[1940]], mentres que os alemáns din que durou dende [[agosto]] de [[1940]] ata [[maio]] de [[1941]]; dependendo de que se considera batalla. Non obstante, os combates aéreos alcanzaron o seu cumio dende agosto ata outubro de 1940, onde sucederon as loitas decisivas.
 
== Situación ==
 
Trala rendición de [[Francia]] e a [[batalla de Dunquerque|evacuación de Dunquerque]] de forzas anglofrancesa, a guerra na [[Europa]] continental rematara, e só quedaba o [[Reino Unido]] para facer fronte ó [[Eixe]]. A [[Alemaña]] nazi quería chegar a un armisticio cos británicos, e había nas illas unha certa tendencia a non arrisca-la soberanía nunha longa guerra contra o aparentemente invencible réxime nazi, sobre todo polo recordo da [[I Guerra Mundial]]. Mais [[Winston Churchill]], primeiro ministro británico, negouse tallantemente a chegar a unha paz que permitise a [[Alemaña]] asoballar a [[Inglaterra]] en calquera momento, e as preparacións da invasión de [[Gran Bretaña]] comenzaron no estado maior alemán.